16/08/08

Auga sucia

World Vision é unha organización cuxo propósito principal é traballar con nenos, familias e comunidades que viven en situacións de extrema pobreza. Entre as súas actividades quixéravos traer ata aquí esta impactante campaña publicitaria na que pretenden denunciar que 1.1 millóns de habitantes do planeta non teñen outra opción que consumir auga non potable. Parácheste a pensar algunha vez que ti poderías ser un deles?

Ningún comentario:

Publicar un comentario