04/08/08

El buen pastor

Esta película conta a historia da creación da CIA, a cargo dun máis que solvente Matt Damon e un reparto de luxo, comezando polo director, que tamén sae como actor, Robert De Niro. A pesares disto, e de ser -creo- boa e interesante, faise demasiado longa e lenta, con escenas sobrantes e cargantes. A pesares disto, unha película interesante e crítica co tema, cun personaxe principal en exceso frío e distante e cara a quen o espectador chega a sentir verdadeira antipatía. O que máis resalta dunha película de espías é a falta de acción. De todos os xeitos, é un filme interesante, e que aproba de sobra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario