07/08/08

El lenguaje perdido de las grúas

Gustoume moito este primeiro libro de David Leavitt, El lenguaje perdido de las grúas, e última lectura destes días; tamén del se fixo unha película, que tampouco vin. Conflitos familiares e persoais de temática gay, creo que moi ben tratados. A historia do pai é quizais máis conmovedora polo que supón de medo e resignación a vivir unha vida enganada. A obra reflicte as diferentes actitudes que se poden tomar ante unha mesma situación, a aceptación ou non, o rancor, o engano, o sexo... Este creo que está ben tratado, dun xeito normal, como os personaxes da novela, moi ben retratados, buscadores de relacións persoais e amorosas para poder sobrevivir nunha gran cidade de descoñecidos e de vidas autómatas. O título provén dun pequeno relato insertado que nos fala da difícil relación entre os seres humanos. Un libro máis que recomendábel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario