20/08/08

Voar

Especialmente para Bolbor, que ás veces chega a esquecerse de nós (ou iso semella): uns debuxos animados rusos de Alexei Kharitidi. Palma de oro en Cannes 1995.



Vía

1 comentario:

  1. Non é que me esqueza... hai que entender o que son as transformacións e que non hai que se precipitar, se non se quere ter unha mala experiencia, como é o caso da pobre eiruga desta preciosa curta.
    Pois iso, que resulta que formo crisálida (aínda que non “capullo”) e tardan en saírme as ás coas que escribir. Con cada escama fago unha letra e de longas parrafeadas quedan descoloridas, así que crisalido e rilo caixas de cores ata que me saen outras novas...
    Non quererás que escriba o que non se pode ler...
    Agora que o penso... as bolboretas acordaranse de cando eran eirugas?, non creo, dende logo os humanos non... ninguén quer.
    Saúdos e grazas pola dedicatoria (por fin, alguén que me aprecia... aínda que non á miña memoria...)

    ResponderEliminar