Esta película conta a historia duns xudeus nun campo de concentración, pero a diferenza do resto, gozan duns privilexios especiais, xa que son os encargados de levar a cabo a "Operación Bernhard", falsificando pasaportes, documentos, papeis e cartos. Vivir mellor cós demais, ou simplemente VIVIR, converterase nun dilema moral ao longo do filme, o que fai que esta sexa especialmente interesante. Máis que recomendábel
A película está moi ben; aínda que é bastante forte porque se mata a moita xente.
ResponderEliminarA pelicula é un pouco triste poLo que pasa(matando xente...)
ResponderEliminarPero era o que pasaba antes e era moi dura.RecomÉndovola para saber o que pasaba antes.
***rabasa***
A película está moi ben: explica como era a vida nos tempos dos nazis.
ResponderEliminarA película gustoume moito xa que mostra a realidade de como eran os campos de concentración. É moi dura.
ResponderEliminarA peli é moi chula para as persoas que non lle teñen medo ao sangue.
ResponderEliminarEsta película está moi vinculada a violencia xa que todos os superiores querían matar os xudeus e non tiñan compaixón
ResponderEliminarË unha pelicula bastante boa.Trata dunha gran estafa que se fixo na época nazi.Ë bastante recomendable para quen non lle importe ver un pouco sangue.
ResponderEliminarA película que vin gustame bastante porque ten acción.Está feita contra a loita dos nazis,iso que eu estou en contra dos nazis,por iso me gustou.
ResponderEliminarA película explica moi ben a época nacista , e ten imaxes de estremada violencia, mataban á xente xudía e matábana sen ningunha compaixón; finalmente os xudeus acabaron botando aos nazis dos campos de concentración.
ResponderEliminar