23/11/08

Blacksad: Artic-Nation


Segunda entrega. Os enfrontamentos raciais, coma se de humanos se tratase, serve de fondo para desenvolver a historia na que o detective-gato Blacksad investiga a desaparición dunha nena. Moitos detalles interesantes, como unha organización tipo Ku-Klux-Klan, e uns extraordinarios debuxos, con ese dominio da cor que caracteriza esta saga.
Este segundo álbum levou o premio ao est Graphic Album of Original Work" (pola edición en inglés de iBooks) no ano 2005.

Eu sigo a recomendarvos que leades calquera dos tres, aínda que creo que me quedo co primeiro. É dicir, o segundo que lin.

Ningún comentario:

Publicar un comentario