25/11/08

25 de Novembro (LXIII)

Un novo ano, un día máis, a nosa específica e pequena aportación na loita diaria contra o maltrato, xa sexa físico ou psicolóxico, xa sexa dentro do fogar ou fóra del, da muller. Os que nos seguides, comprobastes que por segundo ano consecutivo realizamos a nosa particular conta atrás, colgando neste blogue unha información diaria contra a violencia de xénero que culmina hoxe co noso gran de area.
Non cansaremos de denunciar unha situación e unha sociedade na que o camiño do violento parece ir a máis. Sabemos que só dende a educación é posíbel cambiar esta conxuntura. Sabemos que nos queda un longo camiño por percorrer, pero non desistiremos xamais.

Violencia de xénero non é sinónimo de violencia doméstica. Violencia de xénero é toda aquela violencia que se produce contra a muller por pensar que esta é inferior. Non esquecemos países nos que a muller é maltratada polo mero feito de selo. Non esquecemos guerras nas que as grandes vítimas son as mulleres por seren violadas unha e outra vez. Non esquecemos o sufrimento, o medo, o terror, o desexo de morrer antes de seguir con esta vida. Non esquecemos, nin hoxe, nin nunca.



Olga, do PLAMBE tamén nos achega un texto que queremos compartir convosco:

In Memoriam
El morreu hai trinta anos. A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado. Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa. El baixaba á vila tódolos días. Ela non ía nin ós enterros. El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén. Ela era traballadora, simpática e dulce. El levantaba a man e o que lle cadrara. Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio. Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.O muro caeu o día do enterro. Dela.

Novembro de 2008


32 comentarios:

  1. Tes razon non se lles pode pegar as mulleres por que senon bas para o cladeiro.
    esenon poñente unha orden de alejamiento.
    o corto esta ben.

    ResponderEliminar
  2. O video paréceme moi ben porque trata do que está pasando no día de hoxe intentando concienciar os homes para que deixen de maltratar ás mulleres,e tamén as mulleres non deben calar cando os homes as maltratan, sen medo teñen que denunciar.Porque os homes despois de maltratalas aínda as chantaxean.

    ResponderEliminar
  3. O maltrato non resolve as problemas.
    Non maltrates as mulleres porque teñen dereito a vivir.Non máis violencia . Non máis maltrato ás mulleres.Todos somos iguais, que acabe o maltrato. É delito a violencia.

    ResponderEliminar
  4. Estuvo moi ben,pero Anxo non falou nada.

    ResponderEliminar
  5. comentario de matias y ivan esta pagina tiene todo nuesto apollo

    ResponderEliminar
  6. Non se pode maltratar porque somos todos iguais.Non estamos de acordo
    con iso
    Non as podes queimar con ácido, matar violar,pegar...
    Gustarianos que isto non volvera a pasar.

    ResponderEliminar
  7. O vídeo está ben, porque ninguén ten dereito a ser maltrado nin que o maltraten. Porque quen maltrata a alguén non se quere a si mesma pa querer os demais.

    ResponderEliminar
  8. que eso que mostraron sófreno moitas mulleres e que é unha barvaridade de persoas as que morren por culpa diso

    hai que facer algo para que non sucedan esas cousas

    ResponderEliminar
  9. A mi me parece muy bien que agan vídeos y campañas que,en cierta manera apoyen a las mujeres y gracias a esto no tengan miedo a denunciar

    ResponderEliminar
  10. al fin algo quqe cuente la verdad

    ResponderEliminar
  11. non podo crer que aínda exista este tipo de maltratato no século no que estamos. Se algen sofre este tipo da maltrato por favor DENUNCIA

    ResponderEliminar
  12. o video está moi ben pois reflexa a vida dunha muller maltratada, o terror e o medo que ten sobre a sua parella

    ResponderEliminar
  13. Es una pequeña película en la que trata de decir el maltrato hacia las
    mujeres.Me parecio Buena con vista de critico supongo que fue sin presupuesto pero tiene CALIDAD

    ResponderEliminar
  14. Pareceunos moi triste o recollido nos vídeos, pensamos que poderemos cambiar a situación.

    ResponderEliminar
  15. Non te maquilles, deixa que te vexan. Deixa que o vexan (que saiban quen é el).

    ResponderEliminar
  16. Definitivamente NON, NON e NON. NON é NON.

    ResponderEliminar
  17. moi bo o video!
    non aos maltratos!

    Javi

    ResponderEliminar
  18. Pois si tes razon,per no mundo ai moitos mais maltratos ca os das mulleres.

    ResponderEliminar
  19. pues yo estoi muy de acuerdo!
    no me parece normal que maltraten a las mujeres!

    ResponderEliminar
  20. pois que nadie ten dereito a maltratar a mulleres . por que cadaunha e libre de pensar como queira e somos todos iguais tanto as mulleres coma os homes,todos temos os mesmos dereitos e nadie e diferente.

    ResponderEliminar
  21. Pois si tes razon,per no mundo ai moitos mais maltratos ca os das mulleres.

    ResponderEliminar
  22. pues no veo nada normal esto de los malos tratos..
    y mucho menos que la gente que los sufra se calle y no diga nada,lo que se debe acer es denunciar...!

    ResponderEliminar
  23. Este video está muy bien,porque nos enseña que nadie debe maltratar.
    Porque ningun maltrato tiene justificación y que debemos respetar la libertad de las mujeres,porque tambíen tienen derecho de expresión ya que son personas como todas las demás.


    NO A LA VIOLENCIA!

    ResponderEliminar
  24. pois o vídeo esta moi ben porque se ve como o pasa a persoa e o home non ten dereito a maltratar a muller porque somos todos iguales.

    ResponderEliminar
  25. pois que cada un pode pensar como queira porque un home non ten dereito a gritarlle a unha muller e moito menos a pegarlle. o video gustoume pero por desgracia o que bemos no video e a realidad e non temos dereitos a criticaros uns os outros porque cada un e como naceu ! MENOS VIOLENCIA E MAIS IGUALDAD

    ResponderEliminar
  26. os videos gustaronme moito . Ainda que a realidade por desgracia supera a ficción. Tamén me parece moi ben que se tomen medidas para frear o maltrato.
    AXÚDADENOS A ACABAR DEFINITIVAMENTE CON ÉL.

    ResponderEliminar
  27. os videos estaban ben eu creo que as mulleres maltratadas deben facer algo para non segur nesa situación. Asi evitaremos o maltrato.

    ResponderEliminar
  28. non se deben maltratar as mulleres, aínda que se faga. As mulleres maltratadas deben denuncialo aínda que sexa moi difícil. Pero o peor é que os xulgados teñen casos de maltratos arquivados e non fan NADA. E despois os políticos din na televisión que van parar o maltrato e non sei que máis mentiras.

    ResponderEliminar
  29. eu penso k a violencia e mala porque as mulleres saen
    case sempre perxudicadas porque en case todos os casos o home e o que lle pega a muller

    ResponderEliminar
  30. cada un e digno do seu corpo e non se debe tocar sen permiso

    ResponderEliminar
  31. Noraboa polo voso traballo. É un placer visitarvos de cando en vez

    ResponderEliminar