08/11/08

El señor Pip


Que libro tan fermoso! Onte, mentres lía as derradeiras páxinas, cando non me chegaba o tempo para rematalo, e ao mesmo tempo quería que non rematase, sentín todo o horror das guerras e todo o amor pola Literatura que o libro desexa achegarnos.
Un home branco, único nunha illa habitada por xente de cor, convértese en improvisado mestre dun alumnado que aprende a amar a literatura como un xeito de fuxida da realidade cruel na que están a vivir, envoltos nunha guerra na que non participan pero na que se verán involucrados e da que serán vítimas primeiras sen querer. Un libro absolutamente conmovedor que o noso padal saborea como un dos máis exquisitos, porque El señor Pip, de Lloyd Jones, prende un lume especial no corazón de calquera lector, que contemplará horrorizado a maldade que calquera ser humano será quen de cometer, pero que tamén comprobará o poder da palabra e da imaxinación. Unha homenaxe á literatura en estado puro.
Un libro que non debedes perder, de verdade.
Grazas, Luz Paramio, pola recomendación.


Ningún comentario:

Publicar un comentario