21/11/08

Non á violencia contra as mulleres (LIX)


UNIFEM e a Embaixadora de Boa Vontade, Nicole Kidman, lanzan un vídeo nun esforzo de maior difusión en Internet, campaña que culmina o marte, 25 de novembro. Día para o que o noso blogue, humildemente, tamén ten a súa campaña particular.
É un esforzo mundial de promoción que se leva adiante a través de Internet para pór fin á violencia contra as mulleres. A iniciativa está deseñada para demostrar que existe un movemento cada vez maior de persoas que berran e esixen que a fin da violencia contra as mulleres sexa considerada unha prioridade máxima.
Nicole Kidman, portavoz da campaña, afirma: "Estou comprometida a amplificar a voz das mulleres e das nenas que foron sometidas a violencia e abuso. Asina e di non á violencia contra as mulleres. Que as supervivientes de violencia saiban que non están soas, que poden contar convosco".
Unha de cada tres mulleres e nenas pode ser golpeada, forzada a ter sexo ou abuso de algún outro xeito no transcurso da súa vida. A eliminación da violencia contra as mulleres é considerada esencial para alcanzar as metas do desenvolvemento, así como para lograr a paz e a seguridade.




ASINA AQUÍ:
http://www.saynotoviolence.org/

Vía Todas


2 comentarios:

  1. A violencia de xénero é unha actitude mala e ademais brutal para as nosas mulleres porque hoxe en día a xuventude é moi violenta . Tódolos días aparece no telexornal da televisión un ou varios casos de violencia de xénero.E cada día que vai pasando estes casos medran máis . Ata podemos chegar a ver casos nos que os nosos anciáns matan ou acoitelan as mulleres das que un día se namoraron e pasaron a metade da súa vida compartindo sentimentos,afecto e cariño.

    ResponderEliminar
  2. Deberíamos ter todos os mesmos dereitos. As mulleres maltratadas deberían denunciar os maltratos aínda que as amenacen, para protexelas.

    ResponderEliminar