14/11/08

Warda e o muro

Curta de animación realizada a partir das voces e os debuxos de 12 nen@s palestin@s; falan de solidariedade, esperanza e da forza da imaxinación para facer fronte a este noso mundo inxusto e intolerante. E é que Israel está a construír un vergoñento e á vez xigantesco muro de 700 quilómetros para arredar ao pobo palestino, muro que non respecta os Dereitos Humanos deste pobo, afastando comunidades e familias dentro do territorio ocupado de Cisxordania.
A curta "Warda" está en versión orixinal en árabe, con subtítulos en francés e música de Alain e Antoire Pierre. Se puideramos contar con ese lapis...!




Vía Iguales en las Tres Mil


1 comentario:

  1. Disque solidariedade,
    pa loitar contra a opresión
    pero non hai que esquecer
    maxia e imaginación!!

    Maxia e imaxinación!!
    Máis canta necesitamos?
    Para co lapis poder
    desfacernos dos tiranos.

    Feliz Semana da Literatura de Tradición Oral
    Apertas dende Fene!!

    ResponderEliminar