17/12/08

Hoppípolla

Hoppípolla, palabra islandesa que significa "saltando nos charcos", é o título deste vídeo de Sigur Ros que me gustou polo seu significado: podemos sentirnos sempre nenos, non importa a idade.






Vía

1 comentario:

  1. Veume á cabeza (hai sitio dabondo, dirán algúns/algunhas_máis_ben)con isto dos islandeses e do significado de hoppipolla que é saltando charcos de auga, que en finés (si, xa sei que non é o mesmo país, pero...) hai un palíndromo "Saippuakauppias" que significa vendedor de xabón e lin hai moitos anos que era a palabra máis longa. Buscando para escribir isto (sabía o significado, pero o meu finés e máis ben malo) atopei unha frase en grego:
    Nipson anomemata me monan opsin, "Lavade os vosos pecados, non só a vosa cara"
    Que curioso... pena que todo isto non veña a conto...
    Saúdos para tod@s

    ResponderEliminar