29/01/09

Retos matemáticos... e non tanto (XIV)

Agardo que esta semana tanto os meus alumnos do Rallye Matemático como os incondicionais pasen uns minutiños rompendo a cachola con estes problemas (ou, polo menos, que non me digan que lles amarghaba comentar!!). Estes son máis doados, para que non vos queixedes tanto...

Reto 1.- Dispoñemos dun número de tres cifras ABC de forma que ABC + ABC + ABC = BBB. Loxicamente, o problema consiste en averiguar o número.

Reto 2.- Arredor dunha mesa, uns amigos participan nun xogo. Cal ? Esa non é a cuestión! Chega con saber que un deles gaña e que recibe de cada un dos outros tantas fichas como participantes. O gañador recibe deste xeito 156 fichas. Cantos xogadores hai?

Reto 3.- Cada semana, Xan recolle entre 40 e 200 ovos que vai vender ao mercado. Esta tarde, véspera de mercado, está perplexo: Se mete os seus ovos en envases de 6, sóbranlle 2. Se usa envases de 10, sóbranlle aínda 2. Faríanme falla, di, envases de 8 para envasar todo exactamente. Cantos envases de 8 lle fan falla?

Reto 4.- Hoxe é 29 de xaneiro de 2009 co que se me ocurriu construír unha sucesión de números a partir deste número primo do seguinte xeito: multiplicamos as dúas cifras (2x9) e escribimos o resultado a continuación. Proseguimos deste xeito multiplicando sempre estes dous últimos díxitos escritos e anotando o resultado. É dicir, a sucesión comezará do seguinte xeito:
291886424...
Cal é o díxito que ocupa o lugar 2009?

Solucións ao reto anterior
Reto 1.- 9 mulleres e 7 homes
Reto 2.- 4 con tres caras; 20 con dúas; 28 con unha e 12 con ningunha
Reto 3.- 13 / 0 / 11 / 6 / 8 / 3 / 5 / 16 / 3

15 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Boas, boas. Procedo:
    Solucion ao reto número 1, 148. Como o solicionei? Pola conta da vella, que é como me gusta a min.
    xD

    Oshidori volve á carga...muahahahaha..

    ResponderEliminar
  3. alégrome de que esteas de volta e encima con respostas correctas!!

    Por certo, o gran bolbor tamén regresou (creo que as miñas últimas palabras fixeron sacar o mellor del) e xa ten resoltos os catro retos. Pero por aquilo de darlle máis emoción á cousa terémolo na neveira un tempiño prudencial. Aínda así, quero que quede patente a miña admiración polo seu bo facer. (estareime pasando coas loanzas?)

    Seguide pensando...

    ResponderEliminar
  4. Ai...Bolbor e a sua humildade...
    Resolvo o segundo:
    13 xogadores.
    E 13 fichas q lle da cada un dos xogdores (13x13=169)
    Pero como o xogador gañador non se pode dar ficha a si mesmo : (169-13=156)
    Acertei?

    ResponderEliminar
  5. si, Oshidori, si. Estás que te saes!! (como esta semana son máis doados... hehehe)
    NOTA: o 1º comentario de bolbor estivo ao dispor de todos durante uns minutos grazas á xenial intervención da miña compañeira blogueira... pero un servidor estivo áxil para suprimilo. Non vos vou dar todo feito!!

    Admirado gran bolbor... as miñas disculpas!!!

    ResponderEliminar
  6. Esta é a miña Oshidori!!! É que ultimamente metéuselle na cachola que o dela é a poesía e a literatura... como se iso lle impedira razoar como razoaba hai dous anos. Ben o digo eu, rimando rimando... o cerebro vaise oxidando...
    O de apurarme coas solucións... pois que queredes que faga... teño que resistir as acometidas dista xente nova que vén desbocada coas solucións!!!
    No referente á compañeira do gurú matemático Anxinho... que vos vou eu a contar que xa non saibades... a ver se é que alguén lle dá posto portas ao vento...
    Saúdos para tod@s.

    ResponderEliminar
  7. Reto 1- O número é o 148.

    Reto 2- Son 13 xogadores.

    Reto 3- Xan ten 152 ovos, que mete en 19 envases de 8 ovos cada un.

    Reto 4- O díxito que ocupa o lugar 2009 é o 4.

    ResponderEliminar
  8. Querido Bolbor: gustoume iso de non pór portas ao vento, polo que, por unha vez, vou calar. Non vaia ser que os meus soños me traizoen...

    ResponderEliminar
  9. Vou a ser un pouco malo (máis se cabe...) Á vista que a resposta de Marcos e a de Bolbor(no seu comentario desaparecido)ao reto número 4 eran diferentes, deixarei que fagades cálculos unhas horas máis para comprobar as vosas respostas.

    Por suposto, os outros tres retos están superados...

    ResponderEliminar
  10. Vale, vale, refacendo as contas cambio o 3 por o 1. A ver Marcos por que cambia o 4...
    Saúdos, maléfico demo das matemáticas, e tamén para @s demais.

    ResponderEliminar
  11. Pois eu non cambio o 4, eh!!

    ResponderEliminar
  12. vese que Marcos nos saiu testán, querido bolbor. E se ten razón???...

    ResponderEliminar
  13. Dende loqo que a ten... eu tampouco o cambiaría.
    Saúdos para tod@s.

    ResponderEliminar
  14. desta vez non puden nin opinar. estarei mais atento para a próxima

    ResponderEliminar
  15. Menudo competidor vos saiu con Marcos!! Un auténtico crack dos retos matemáticos: sen desmerecer a Oshidori, a bolbor a ayayay e a todos os que se asoman por aquí.

    ata o xoves!!!

    ResponderEliminar