05/02/09

I Semana da BD (5)

E pola tarde visitounos Pepe Carreiro, que cun rotu nas mans é todo un prodixio. Desta volta, dirixímonos á Casa da Cultura de Silleda, pois alí tamén tiñamos a oportunidade de disfrutar da outra exposición prestada pola Consellería de Cultura e porque convidaramos con anterioridade aos nenos e nenas do Colexio Público. O alumnado arrincoulle das mans os debuxos que alí nos fixo e desfrutaron coas súas historias visuais. Grazas Pepe, por unha tarde de conto plasmado en papel!

Ningún comentario:

Publicar un comentario