16/02/09

Los Amantes Mariposa


Por fin teño nas miñas mans este libro. Non é un libro, perdón, é unha obra de arte que acariño e saboreo desde que obra no meu poder. Deses álbums ilustrados que desexas acariñar e aos que volves de cando en vez para mergullarte nunhas ilustracións máxicas que case nos fan esquecer o texto, texto á súa vez precioso que nos fala dun amor imposible, ata convertérense en bolboretas... Un texto que é unha vella lenda chinesa, famosa en todo o mundo.
Pero ademais, teremos que nos fixar especialmente no nome de Benjamin Lacombe, xove que cun estilo propio non me fará esquecer a miña admirada Rebecca Dautremer. Recrea a lenda dun xeito prodixioso, con perspectivas alucinantes e cun dominio da expresividade facial absoluto.
Unha preciosidade de libro, de tamaño extra en todos os sentidos. Se podedes, non deixedes de telo!
Publicado por Edelvives.



3 comentarios:

  1. Nós mercamos este libro para a biblioteca no Nadal e recomendámolo na guía de lecturas.Tamén me parece precioso,están pedíndoo en préstamo as familias.

    ResponderEliminar