19/02/09

Retos matemáticos... e non tanto (XVIII)

Como parece que estades polo labor de acabar coa emoción desta sección ás primeiras de cambio (do cal, por suposto, alégrome!) esta semana decidín incluír un reto que teña varias solucións posibles...

Reto 1.- Consegue o número 1000 empregando oito oitos e as catro operacións básicas.
(Eu atopei 6 solucións diferentes!)

...outro para romper o coco...

Reto 2.- Poderías dicir cal é o seguinte díxito na seguinte serie numérica 1,2,4,5,8,1000...?

... e un terceiro tipicamente matemático.

Reto 3.- Nun exame de matemáticas, un alumno ponse nervioso: rompe en 8 anacos a súa folla de papel, despois colle un dos anacos e párteo de novo en 8, e segue deste xeito collendo un dos anacos e partíndoo en oito. Tras cantos cortes terá 2003 anacos?


(Admitimos que pode facer tal cantidade de anacos dun deles, incluso cando dito anaco sexa moi pequeno)


Aí vos queda iso!

6 comentarios:

  1. teño unha solución do primeiro 888+88+8+8+8

    supoño que será a máis facil pero polo menos esta semana deume tempo de participar

    ResponderEliminar
  2. Reto 3.-
    Xa que 2003=8*8*8+7*213, e considerando que un corte consiste en cortar o papel en 8:
    1-Rómpese o papel en 8. Temos 8 anacos e fixemos un corte.
    2-Vólvense romper cada un dos 8 anacos en oito. Temos 64 anacos e 9 cortes.
    3-Rómpense cada un dos 64 anacos en 8. Temos 512 ancos e fixemos 73 cortes.
    4-Collemos 213 deses anacos e partímolos en 8, obtendo por cada corte 7 pedazos máis a sumar no total.
    Deste xeito, teremos 2003 anacos, e fixemos 286 cortes. Se non me engano.

    ResponderEliminar
  3. Pois só queda un...
    Eu vou a escribir a serie complementaria:
    3,6,7,9,11,12,13...999,1003,1006,1007...
    En fin, a importancia de chamarse Ernesto...
    Un saúdo para tod@s.

    ResponderEliminar
  4. como que queda un!!!

    Lémbrovos que o primeiro reto pide como mínimo seis solucións distintas!!
    Nada de escaquearse....

    ResponderEliminar
  5. Vale, vale... aquí vai outra:
    {[(8+8)8]-[(8+8)/8]}8-8=(128-2)8-8=126·8-8=1008-8=1000
    Ala, a buscar...
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. outra,creo

    888+(8+8)*(8-8/8)= 888 + 16*(8-1)= 888 + 16*7 = 888 + 112 = 1000

    ResponderEliminar