23/03/09

Culpables todos

Non sei se coñecedes esta magnífica publicidade de concienciación do grupo Cencosud, propietario de varias cadeas de supermercados, animándonos a traer a nosa propia bolsa para reducir o consumo destas como grandes contaminadoras do medio ambiente: usámolas un pequeno anaco de tempo e logo tirámolas, pero estas bolsas tardan 150 anos en degradarse. Unha boa iniciativa que xoga coas nosas conciencias.
Porén, a pesar de que o anuncio é impecable, que solucións propón esta marca? Por que non bolsas de papel ofrecidas por eles mesmos, por exemplo?




Vía Recogedor

3 comentarios:

  1. Totalmente de acordo contigo. Un video magnífico pero sin a proposta que todos esperamos. Lembro que non hai moito os do supermercado do "vivamos como galegos" me sorprenderan un día ofrecendo bolsas de papel. Debeu de ser un xesto cara a galería como tantos outros porque nunca máis me volveu a coincidir.

    ResponderEliminar
  2. O vídeo tamén me gustou moito.Malia todo seguen ofrecéndonos bolsas de plástico para todo. Ás veces, se rehúsas a elas, míranche coma se non che comprendesen.
    Por certo, o vídeo emprenderá viaxe a Lleida, pronto.

    ResponderEliminar
  3. Xa que por aquí anda xente que gusta das matemáticas... que vos parece se usamos a mesma bolsa 4 veces e dividimos por 4 o nº de bolsas?. Non é difícil, só hai que pretender facelo... eu xa o fago.
    Saúdos.

    ResponderEliminar