22/03/09

La soledad de los números primos

EN-CAN-TOU-ME!!!

Esta miña última lectura (devoreina, literalmente), libro que está a arrasar na actualidade, vai ser unha das miñas recomendacións máis duradeiras.
La soledad de los números primos
de Paolo Giordano deixa no corpo a tristura da soidade máis recalcitrante, o anceio de desexar un mundo mellor (eses finais felices de Walt Disney) e a mágoa por que o libro non sexa máis groso. Porque a novela fala da soidade, sobre todo, pero plantexada desde unha especie de plantexamento matemático (vaiche encantar, querido Anxo!) que non deixa lugar a dúbidas sobre o desenvolvemento da acción. Vaia, algo así como a álxebra das emocións. O tormento dos protagonistas resulta ser tan atractivo que a sintaxe dos números convértese en poesía nas súas páxinas. Porque tal como afirma o autor "mesmo co acelerador de partículas pódese facer poesía". E é que o autor fainos amar ata as matemáticas, porque as referencias cientifícas non son nin espesas nin casposas.
Non deixedes de achegarvos á esencia da soidade. Garantido.


3 comentarios:

  1. Grazas pola suxerencia.Tomarei nota,ten moi boa pinta.
    Un saúdo.
    Encarna.

    ResponderEliminar
  2. Vaaaaaleeeee....cando mo pasas?
    (o peor disto é que estou seguro de que terás razón, e encantarame, co conseguinte recochineo diario, claro)
    bicos

    ResponderEliminar
  3. Mercareino.....pero por aquí aínda estamos coñecendo a Fred Vargas, con Murakami esperando debaixo de "Sabor a chocolate".........non sei como facedes @s deste blogue....!!!

    ResponderEliminar