Desde este fantástico blogue, Biblioríos, que nunca deixa de ensinarnos, traémosvos A Declaración Universal dos Dereitos do Libro, que asumiredes rapidamente como bos amantes dos libros e da Literatura en xeral. Foi unha redacción da Asociación de Editores da rexión Centro de Francia.
Artigo 1
Os libros, todos os libros, teñen dereito a existir.
Artigo 2
Os libros son iguais entre eles, sen distinción da súa orixe, fortuna, nacemento, opinión ou editor.
Artigo 3
Todo libro ten dereito á vida, á súa comercialización, á sorte de ser exposto ao lector e ofrecer ao seu autor a posibilidade de ser escoitado e remunerado con xustiza.
Artigo 4
Todos son ituais ante a lei que os somete a igualdade de prezo en calquera lugar onde sexan expostos.
Artigo 5
Todos teñen dereito a que en todos os lugares se recoñeza a súa personalidade, a personalidade do autor e do editor.
Artigo 6
O libro, obra de imaxinación coma de investigación, diríxese á imaxinación coma ás necesidades do ser humano. Así que non debe ser tratado na súa comercialización como un produto simplemente de consumo.
Artigo 7
O libro é será garante das nosas liberdades. Non pode en ningún caso ser sometido a aversión sexa polo plantexamento das súas ideas como pola súa misión fundamental de promover o libre intercambio das culturas, as mentalidades e os saberes.
Artigo 8
O libro, portavoz do espírito, da ciencia, de praceres, rexistro do saber, así como obra de creación, debe ser tratado coma un ben indispensable para a cultura, a promoción social e espiritual, a información, e non pode ser tratado como un vulgar obxecto de proveito.

Esta ben a Declaración Universal dos Dereitos do Libro...
ResponderEliminarA verdade e que cada libro é un mundo e que todos os libros teñen o seu dereito a existir.