05/03/09

Retos matemáticos... e non tanto (XX)

Non sei por que me dá no nariz que esta semana ides acabar pronto...

Reto 1.- María e Pedro son dous nenos que están cos seus pais. Queren cruzar un río e dispoñen tan só dunha barquiña na que caben dous nenos ou unha persoa maior. Como poden facer para cruzar os catro á outra beira do río?

Reto 2.- Un granxeiro posúe un campo moi grande en forma de paralelogramo ABCD. No seu interior atópase un pozo nun punto calquera que chamaremos O. No seu testamento, o granxeiro dálle ao fillo maior os campos triangulares AOB e OCD, e o resto ao fillo menor, quedando o pozo en copropiedade.
Sabendo que a lonxitude do lado AB é maior que a do lado BC, cal é o máis favorecido dos dous irmáns?

Reto 3.- Cal é o valor das letras neste gráfico?

14 comentarios:

  1. Reto 1.-
    Para entendernos chamemos beira 1 á beira de onde saen, e beira 2, ao lado que queren chegar.
    Primeiro cruzan María e Pedro. Unha vez na beira 2, Pedro quédase aí e María cruza para a beira 1. Logo, cruza ou o pai ou a nai, e unha vez que chega á beira 2, Pedro volve á beira 1 e recolle á súa irmá para levala á beira 2. Pedro deixa a súa irmá na beira 2 e retorna á beira 1, onde só queda ou o pai ou a nai (o que non cruzara antes). Esta persoa, como é adulta, só pode cruzar ela soa á beira 2, e unha vez alí, María vai á beira 1 por seu irmán e volven os 2 para a beira 2, onde xa estarán todos.

    ResponderEliminar
  2. -Reto 1-

    1ªVIAXE: os dous irmán xuntos cruzan a outra beira do río, un deles quédase e o outro volta coa barca.

    2ªVIAXE: cruza o río o pai solo. Unha vez cruza o neno que xa estaba alá volta ca barca.

    3ª VIAXE: volven cruzar os dous irmán xuntos e quedando de novo tan só un, e o outro volta xunto a nai.

    4ª VIAXE: cruza a nai soa, e volta ca barca o irman que quedara xunto o pai.

    5ª VIAXE e última: os dous irmáns cruzan xuntos.

    ResponderEliminar
  3. parabéns aos dous! (este é un problema clásico, verdade?)

    E que pasa cos outros... acaso considerades que son moi difíciles, hehehehehe... (risa maléfica... máis que nada, por meter presión!)

    ResponderEliminar
  4. Anxo, eu non dou; e seguro que pasei máis tempo que Marcos e Cristina xuntos pensando no carallo da barquiña!!.......problema clásico dis!

    ResponderEliminar
  5. Pois logo a ver se fago eu un. Se non meto o zoco, o paralelogramo ten unha altura "h" que podemos cortar por unha paralela a AB que pase por O, é dicir que h=h1+h2, así quedaría que a superficie para o irmán maior sería a da suma dos dous triángulos que teñen por alturas h1 e h2:
    AB·h1/2+CD·h2/2=AB·h1/2+AB·h2/2=AB·(h1+h2)/2=AB·h/2, é dicir, a metade a área do paralelogramo.
    Polo tanto non hai ningún mellor que outro, e se o hai... que alguén me corrixa, que para iso hai por aquí xente pensante.
    Saúdos para tod@s.

    ResponderEliminar
  6. Benquerido Ernesto, simplemente será que eres de interior e te levas mal coas barcas... non te traumatices!
    unha aperta

    ResponderEliminar
  7. Xa ves, bolbor. Que mellor que repartir a partes iguais "como buenos hermanos"...

    ResponderEliminar
  8. ¿ninguén sabe facer o terceiro? eu non lle topo traza pero estou intrigado

    ResponderEliminar
  9. home! eu sei a resposta, pero aínda teño a esperanza que algunha das cabezas pensantes que nos visitan sexa quen de resolvelo. Se non é así, fareivos facer copias!!

    ResponderEliminar
  10. A miña lóxica (que de lóxica pouco ten) dime que no reto 3, A=1, B=6 e C=483. Van un pouco(bastante) ao tuntún, pero por probar que non quede.

    ResponderEliminar
  11. ... ás veces, a lóxica funciona. pero, sinto dicirche, que non é o caso!

    Tan difícil é??? Non queriades caña?? hehehe (risa malvada)

    ResponderEliminar
  12. Pode que o C sexa 316??
    Necesito unha resposta XAA!!!
    jijiji (risa nerviosa)

    ResponderEliminar
  13. Vale, téñoo!

    Bueno, conste que non o solucionei eu, pero teño cerebros traballando pra min...^^

    A= 10
    B= 24
    C= 160

    E teño explicación e todo..^^

    2
    x = 6 (+4) = 10
    3
    16x10 =160
    3
    x = 12(+4) = 16
    4
    16x24 =384
    4
    x = 20(+4) = 24
    5



    Resolto en 3 minutos.

    :D

    ResponderEliminar
  14. Pois noraboa aos teus asesores. Hai que recoñecer que fun un pouco malote esta semana... Pero ao césar o que é do césar, quen serán eses asesores teus??

    ResponderEliminar