Unha nova palabra para dar título a un documental sobre atletas mulleres triunfadoras nos xogos paralímpicos. Foi precisamente unha das protagonistas, Teresa Perales, de quen xurdiu a palabra posto que afirma que cada un de nós pode crear unha espiral de felicidade. Mabel Lozano recóllea como unha teoría da felicidade e como título dun documental que está a presentarse co testemuño destas mulleres. Este logra transmitir unha mensaxe de superación persoal, solidariedade e integracións das persoas con discapacidade, máis alá do seu sexo ou condición social.
Vía No sólo Libros
Ningún comentario:
Publicar un comentario