20/03/09

Verano de amor


Este cómic de Debbie Drechsler, Verano de amor, achéganos a algunhas estupideces que se cometen na adolescencia (como se non as vira todos os días!), desde a distancia que dan os anos, cunha mirada máis ou menos apagada, transmitida no uso das cores que tiran a sepia, e no aire de aburrimento que transmite todo o libro. Pero fai unha boa descrición dese tempo, como algo perdido, con todas as súas parvadas e ledicias -incluído o patetismo-, un tempo que mudou e que nos queda na lembranza, porque como todas as épocas da vida, cousas boas tamén tivo. Os diálogos son breves e abruptos, dentro dunha obra sinxela cargada de significados.
Un cómic inhabitual.

1 comentario:

  1. Gracia, ordéoche que leas menos!
    Así non hai quen te pille..e menos estudiando...hum! (enfadada)

    ResponderEliminar