29/04/09

A primeira decisión


No Faro de Vigo lemos con indignación, estupor e tristura que o noso novo presidente mandará unha circular a todos os centros educativos non universitarios con instrucións que aseguren a «liberdade para elixir o idioma tanto aos profesorado como ao alumnado».
Esta é a crise que tanto preocupa aos nosos políticos: a destrución da nosa lingua. Merecémolo, xa que o pobo galego elixiuno sabendo que estas eran as súas intencións: teñen a maioría e fan o que lles peta. Así nos irá a partires de agora. Nunca tanto rexeitamento cara a aquilo que nos conforma como pobo diferenciado vivimos como até agora. A derrogación do decreto xa nos tarda.
Cal será o funcionamento dos centros a partir de agora? Racismo por cuestións idiomáticas? De que liberdade nos fala este señor? Perdoénme señores, por non publicar este blogue en trilingüismo...

4 comentarios:

  1. Para comezar demostran que non conhecen o decreto que devecen por derogar. Que eu saiba os alumnos xa tinhan dereito a expresarse na lingua que lles placera. Así que o da liberdade dos alumnos non o acabo de ver claro.

    Por outra banda entráme unha dúbida. Eu tenho un alumno que é un galegófobo declarado. Se exixe o seu dereito a recibir a docencia en espanhol que vai suceder? Vanme obrigar a falar en espanhol? que pasa co dereito dos outros alumnos a recibir a docencia en galego? Van traer un profesor só para el?

    Por facer política a base de demagoxia barata tanse a meter nuns xardíns de carallo...

    ResponderEliminar
  2. O que está pasando é, simplemente, alucinante. Poñámonos en pé de guerra.

    ResponderEliminar
  3. Si, querida Montse, peor do que maxinamos hai un mes...

    ResponderEliminar