Encantoume esta imaxe que descubrín graza ao Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Estaba neste blogue. Non me digades que non é fermoso!:
Non podía deixar de traela hoxe aquí porque onte lembreime dela repetidamente. Tiven que asistir a un acto relixioso nun colexio privado de Vigo: o panorama resultoume desolador. Non só pola hipocresía do ambiente, senón porque non fun quen de escoitar unha soa palabra na nosa lingua. O dito do "polbo nun garaxe": así estaba eu. Supoño que isto é a Galicia bilingüe que temos, sen necesidade de preconizala. O "máis granado" da cidade se daba alí cita, maxino, dando boa conta de traxes e lingua española. Lembrei tamén (o acto prolongouse unha boa hora) aquela invitación que nos fixeran desde a editorial Galaxia hai uns anos, no verán, a uns cantos profesores para falarmos de libros de texto, lectura e lingua; alí, despois de escoitar a outro profesorado das cidades, asegurei vivir nun oasis lingüístico. Agora dou fé unha vez máis. Lingüístico e emocional.

Fermoso. E que ben soa!
ResponderEliminarO "nacionalcatolicismo" aínda perdura no máis rancio da nosa sociedade. Unha vez máis seguindo as directrices de Madrid con tal de destruir os alicerces de calquer forma de naicionalismo ou galeguismo e sempre a través da canle dos coles privados afíns.
ResponderEliminar