28/05/09

Visita de Singala

Dentro das actividades do Mes das Letras Galegas enmárcase a visita de Manuel Núñez Singala -autor de, entre outras, Comedia bífida, obra de teatro que o ano pasado vimos na nosa vila e libro que foi lectura obrigada en 3º de ESO- hoxe para o alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato. Nestes tempos máis ca nunca cómpre falarmos de Sociolingüística e de prexuízos. Cunha exposición clara e amena, coa que nos introducía en diferentes prexuízos que nada teñen que ver coa linga, chegamos á resposta de diferentes cuestións que ameazan a estabilidade da nosa lingua.



Debemos agradecer novamente á editorial Galaxia a súa axuda e preocupación por que o noso centro sexa un lugar onde tantos escritores deixan a súa pegada.

17 comentarios:

  1. A verdade é que me gustou bastante os temas dos que falou, sobre todo os debates que fixo sobre o galego.

    ResponderEliminar
  2. O escritor explicounos cousas moi interesantes e ao mesmo tempo graciosas. Cousas sobre o galego e a súa utilización en Galiza. Estivo bastante ben.

    ResponderEliminar
  3. Este escritor gustoume porque non foi tan pesado coma outros. Tiña que ser máis larga a charla.

    ResponderEliminar
  4. estivo bastante ben e gustoume ;foi moi entretido , pero non lle dou tempo a acabar o que traía para explicar.

    ResponderEliminar
  5. manuel ángel montaña lópez29 de maio de 2009, 09:57

    Estivo moi ben,foi entretenido aínda que un pouco corto.

    ResponderEliminar
  6. Estivo bastante ben pero podería estar mellor porque non facía máis que poñer rompecabezas.

    ResponderEliminar
  7. Estivo bastante ben pero podería estar mellor porque non facía máis que poñer rompecabezas.

    ResponderEliminar
  8. gustoume bastante xa que fixo a charla bastante amena e interesante.

    ResponderEliminar
  9. o escritor era divertido pero o que non me gustou del foi que falou de todo menos do que tiña que falr(o libro) polo resto foi moi interesante o que dixo e as cousas que fixo.

    ResponderEliminar
  10. O autor de onte gustoume bastante porque era moi entretido e facía exercicios que aínda se podía comentar cos compañeiros.

    ResponderEliminar
  11. Que casualidade. Nós, co club de lectura, estamos a preparar a representación de "O achado do castro" Cousas de bruxas isto das conexións.

    ResponderEliminar
  12. Gustáronme bastante os debates que tocou, fíxonos reflexionar sobre o uso do galego.

    ResponderEliminar
  13. Pois gustoume moito. Estivo bastante ben. Paréceme un señor moi sociable.

    ResponderEliminar
  14. Marta Mato Miguélez1 de xuño de 2009, 10:00

    foi unha visita moi amena e interesante, gustoume moito

    ResponderEliminar
  15. A min gustoume bastante, porque mediante o humor, exemplos cotiáns,comparacións,etc. ensinounos a realidade da lingua, e tamén que non soamente hai que fixarse no seu exterior, senón que deberiamos afondar nela.

    ResponderEliminar
  16. Que mesturou unha verdade irreprochable como son as matemáticas cunha non tanto como son as diferentes visións sobre unha lingua

    ResponderEliminar
  17. Gustoume bastante todo o que dixo e sobre todo o amena que foi ainda que non lle dera tempo de explicar todo o que traia preparado.E sobre todo como explicou as cousas sobre a nosa lingua.Ademais, introducindo elementos matematicos probablemente non nos resultou nada "aburrido".

    ResponderEliminar