16/06/09

Profes de Lingua Castelá

O profesorado de Lingua Española quere facer constar:

1.- A nosa experiencia socio-educativa como profesionais con competencia no ámbito da docencia lingüística demostra que o castelán non sofre ningún tipo de ameaza na nosa comunidade. Disfrutamos de todos os medios que unha sociedade moderna pode pór a disposición do alumnado e o profesorado de lingua e literatura.

2.- Sentímonos orgullosos e orgullosas de poder transmitirlle ao noso alumnado toda a riqueza patrimonial, lingüística e literaria do español das dúas beiras do atlántico, mais tamén sentimos o orgullo de formarmos parte da comunidade galego falante, posuidora igualmente dun amplísimo patrimonio oral, dunha literatura de primeirísimo nível e con capacidade para abrirnos as portas do portugués.

3.- Termos dúas linguas oficiais é unha riqueza evidente, e é tarefa educativa de primeira orde lograr a igualdade de competencias lingüísticas nos dous idiomas. Porén, somos conscientes das dificuldades e ameazas nas que se atopa a día de hoxe tanto a nivel oral como escrito o idioma propio da nosa comunidade, o galego.

En consecuencia, rexeitamos, ou cando menos cuestionamos, a falta de sensibilidade e a carencia de rigor científico que se transluce na consulta sobre as linguas no ensino que promove estes días a administración educativa.

2 comentarios:

  1. Onde se assina? eu sou profa de castelá

    ResponderEliminar
  2. Pois en canto o saiba, déixoche un comentario no teu blogue. Grazas pola visita. Saúdos

    ResponderEliminar