Explícao estupendamente Suso Fernández Acevedo, e de forma moi sintética, pedagóxica e amena, tanto que a súa serie de artigos Tópicos sobre a lingua galega debería ser urxentemente completada e editada para o seu debate e reparto masivo nos centros escolares de primaria (coas ANPA´s en reunións abertas), secundaria (co alumnado e tamén con pais e nais) e universidades (fundamentalmente co alumnado). Nun folletiño de dez páxinas teríamos o argumentario perfecto para comprender, explicar e responder ás falacias e mentiras dos colectivos extremistas contrarios á nosa lingua. Convídovos a ler os cinco artigos, mais déixovos cun deles, de plena actualidade pola primeira decisión do goberno Feijoo en contra da normalización do noso idioma.
Ningún cidadán, como tal, está obrigado a saber galego, igual que ningún cidadán, como tal, está obrigado a saber conducir nin a vestir dunha determinada maneira. Pero se ese cidadán é taxista terá que ter carnet de conducir, se é futbolista, durante os partidos terá que vestir igual cós seus compañeiros de equipo, e se é un obreiro da construción, mentres estea na obra, terá que levar casco. Todos estes personaxes seguen sendo cidadáns, pero nuns determinados momentos exercen de taxistas, de futbolistas, ou de albaneis, e iso tamén implica unhas obrigas.
Cada posto de traballo ten un perfil, require unha serie de coñecementos por parte da persoa que o ocupa e que, non o esquezamos, cobra por desempeñalo. E cada un deses coñecementos ten unha motivacion: se un taxista non sabe conducir, a viaxe pode ser emocionante de máis; se cada futbolista viste como queira, compadézome do árbitro que teña que distinguilos, e así con todo.
O motivo que provoca que para exercer determinados postos de traballo haxa que saber os dous idiomas oficiais ―non esquezamos que tamén hai que saber castelán, pero iso ninguén o cuestiona― é que os cidadáns teñen dereito a seren atendidos en calquera deles. A Administración ten que garantir ese dereito, segundo establece a lei, e por iso se lle esixe ó funcionariado o coñecemento dos dous idiomas: do castelán, como establece a Constitución, e tamén do galego, como establecen outras disposicións legais derivadas desta: Estatuto de Autonomía, etc.
Quizá se esqueza con demasiada frecuencia que os funcionarios están ó servizo da cidadanía, que é quen lles paga o seu salario, e non ó revés. Ninguén está obrigado a ser funcionario en Galicia; se unha persoa non quere saber galego, pode dedicarse a moitas outras actividades dignas de toda consideración para as cales non cómpre saber galego. Pode montar unha mercería, por exemplo.

Totalmente de acordo, estou farta ultimamente de ter que xustificar sempre o uso do galego, xa está ben... que nos deixen en paz, que non creen problemas onde non os hai e que todos temos dereitos, a ver si algún día podemos facer uso os galegos dos mesmos que teñen os casteláns falantes que parece que o castelán está a punto da extinción absoluta. ... Sinto o cabreo pero tiven reunión da AMPA e foi demasiado para o meu corpo......
ResponderEliminar