19/07/09

Los conejos

Outro fermoso álbum ilustrado: Los conejos de John Marsden e Shaun Tan trata de xeito alegórico a devastación que os humanos podemos formar e crear. Quen conta a historia é un narrador colectivo que se supón son os animais autóctonos dun país que será colonizado por uns coellos que se nos presentan nas ilustracións como seres sen colo e angulosos, vestidos coma no século XVIII. Como visualmente case nos di todo, non son precisas máis ca un par de frases para contarnos a inmensidade da historia, chea de tintes ecoloxistas e anticolonialistas.
Eu, desde xa, quedo prendada para sempre do talento de Shaun Tan, quen sabe provocar infinidade de emocións e sentimentos coas súas composicións, as súas paisaxes, as súas cores... Neste libro cada escena é unha narración impactante.
Cada día estou máis convencida do carácter anti-idade deste tipo de álbums ilustrados. Son un pracer para os sentidos.


1 comentario:

  1. E despois din que os libros son caros...
    Neste album hai moitas obras de arte e moi dignas de grandes exposicións que pagaríamos por velas.

    ResponderEliminar