27/08/09

Agasallo


Desde Belesar, en Baiona, chéganos un agasallo que agradecemos profundamente: o Mimo de Blogueiras Amigas que "pretende unir a todas aquelas persoas que dedicamos moitas horas aos nosos blogues procurando encontrar o mellor para poñelo ao servizo do noso alumnado, familias e compañeir@s".
Segundo alí nos informan, hai que enviar o mimo a cantos blogues queiramos. Como xa noutras ocasións puidemos repartir aloumiños, nesta volta ímosllelo dedicar a TODOS AQUELES BLOGUES QUE LOITAN POLA NOSA LINGUA, xa que a situación actual require máis ca nunca a nosa unión.
Moitas grazas por nos lembrar.

2 comentarios:

  1. Eu penso que é un mimo ben merecido pola perseverancia, traballo e amor posto neste blogo con vídeos e temas variados.
    Seguide así.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo teu comentario e agarimo. As túas verbas axudan a manternos en pé.
    Saúdos

    ResponderEliminar