13/08/09

Día dos zurdos


Traio este día aquí porque acabo de velo en Microsiervos: hoxe é o Día Internacional do Zurdo. (instituído en 1992 polo Club dos Zurdos). Non sabía que existía, e seguramente o pasaría por alto se non fose porque o meu querido amigo e compañeiro deste blogue é zurdo. E o mellor é que case aposto a que el non sabe deste día. Agardo, cando menos, que se achegue hoxe aquí para recibir a miña felicitación: é o mellor zurdo do mundo. Como atopei unha fotos de zurdos famosos, déixovolas tamén, falta a de Anxo: @s que seguides o blogue xa vistes que bo cantante é, polo que de sona anda sobrado.
Un bico, Anxinho.



3 comentarios:

  1. ohhhhhhhhhhhhhhh que bonito!! Grazas pola túa tan marabillosa distinción, pero creo que te pasaches. Supoño que serei o segundo mellor zurdo do mundo: Hendrix é Hendrix, hehehe!

    Zurdos ao poder!! (en EEUU téñeno moi claro...)

    ResponderEliminar
  2. Xa sei que me pasei... é o único xeito de que deas sinais de vida!!!

    ResponderEliminar
  3. nas fotos falta a de Anxo pero tamén falta a de Oshidori

    ResponderEliminar