31/08/09

Ir ao cole

Nun antigo programa da televisión colombiana, "a banda francotiradores", con data de decembro do 2007, os telespectadores puideron conmoverse con esta historia: uns nenos e nenas campesiños, de baixos recursos, deben arriscar a súa vida cada día para ir á escola. Son "Os nenos do cable".
Hoxe, último día de agosto, seméllanos apropiado lembrarvos a sorte que tedes de comezarmos axiña nesta vida tan doce.



Vía O recanto de Mik

Un amigo mandoume estoutra foto dun cole de Fez en Marrocos. Vedes tamén a diferenza coas nosas; iso si, a foto dun déspota preside a miseria.




1 comentario:

  1. Sobrecolledor, isto encolle o corazón a calquera. Aquí estamos coas galiñas azuis as voltas.

    ResponderEliminar