17/08/09

O león Kandinga


Este conto tradicional africano amosa o poder da intelixencia -personalizado nunha lebre- sobre a forza bruta -o león depredador-; como bo conto oral ensina como a avaricia ou o egoísmo non son bos conselleiros: "se tes, comparte". A ilustración feita por Elisa Arguilé é impresionante, predominando as cores cálidas, o vermellos sobre todo, e con trazos e proporcións que lembran pinturas primitivas; con estes debuxos viaxamos máis facilmente a eses lugares tan afastados onde domina a natureza animal.
Boniface Ofogo, o autor, escoitou a historia por primeira vez cando tiña tres anos, en Camerún.

1 comentario:

  1. Ahhh! regaleillo á miña afillada e encantoulle. Uha futura gran lectora!

    ResponderEliminar