18/08/09

Rébecca Dautremer, animada

Leo en Giraluna que o próximo 9 de decembro os cines franceses contarán coa primeira longametraxe ilustrada por Rébecca Dautremer; está dirixida por Dominique Monféry e chámase Kérity e a Casa dos Contos.
Nathaniel, de 7 anos, vai pasar as vacacións de verán á praia, nunha casa que pertenceu á súa tía Eleanor. E con esa casa herdará unha biblioteca chea de libros antigos que encerran un segredo: polas noites os personaxes saen dos libros e advírtenlle do perigo de desapareceren. Nathaniel deberá diminuír o seu tamaño para ler a fórmula máxica que os salvará.
Que veña pronto!!!

1 comentario:

  1. Desta vez si que me sorprendeches Ronsel. Mira que traernos aquía esta marabilla e saber que pronto imos disfrutar dela...!

    ResponderEliminar