04/08/09

Un conto de cegoñas

Descubrín en Festigal este libro; cando o vin, desde lonxe, chamoume a atención polo tamaño, o xeito de abrirse, e a ilustración por onde estaba aberto o libro: a Torre Eiffel presidía aquela mesa. Así que, como non, fun por el. Un conto de cegoñas de Antonio Ventura, ilustrado marabillosamente por Leticia Fernández, tenta achegar unha explicación sobre o nacemento dos bebés, deixando a mamá cegoña -xa na penúltima páxina- explicarlles aos seus filliños que aínda que eles voen a París, este voo non ten como destino transportar bebés. O que seguramente non sabe mamá cegoña é o que saben xa os fillos.

Un álbum ilustrado que é un agasallo para a vista. Así que... a voar!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario