Estes días foi o agardado preestreo da última película de Alejandro Amenábar, Ágora. Foi unha agradable sorpresa saber que a vida (e morte) da primeira gran matemática da historia ía ser pasada á grande pantalla.
É bastante probable que teña que agardar a que o filme saia en DVD para poder disfrutar del, pero polo historial do director e sendo coñecedor da vida que tivo a protagonista da historia, voume atrever a recomendárvola. Se despois non me convence, prometo tragar as miñas palabras.
Polo de pronto, déixovos o trailer da película e unha breve reseña da biografía de Hypatia.
É bastante probable que teña que agardar a que o filme saia en DVD para poder disfrutar del, pero polo historial do director e sendo coñecedor da vida que tivo a protagonista da historia, voume atrever a recomendárvola. Se despois non me convence, prometo tragar as miñas palabras.
Polo de pronto, déixovos o trailer da película e unha breve reseña da biografía de Hypatia.
Hypatia naceu en Alexandría (Exipto) e criouse no culto ambiente desa cidade. O seu pai foi un ilustre filósofo e matemático que traballaba no Museo que non só permitiu que a súa filla estudase Ciencia e Filosofía, senón que foi tamén o seu primeiro mestre. Ela formouse como científica no Museo, do que chegou a ser directora, pero tamén viaxou a Italia e Atenas para recibir cursos de filosofía. Despois dedicouse durante 20 anos a ensinar Matemáticas, Astronomía, Lóxica, Filosofía e Mecánica no Museo. Fíxose famosa por ser a mellor na arte de resolver problemas, tiña tan boa reputación que chegaban estudantes de Europa, África e Asia a escoitar as súas ensinanzas sobre a aritmética de Diofanto.
Tivo unha vida moi prolífica durante a que chegou a escribir 44 libros; ademais, foi unha grande inventora e entre os aparellos que se lle atribúen destacan o astrolabio plano (para medir a posición das estrelas, os planetas e o sol), o aerómetro (para medir líquidos), o destilador de auga ou o planisferio.
Defendeu o heliocentrismo e era unha ardente defensora da cultura pagá, o que lle supuxo a inimizade e o odio dos cristiáns da cidade. Negouse a converterse ao cristianismo e a renunciar ao coñecemento do grego.
Acadou tanta popularidade que un día o bispo Cirilo ao pasar por diante da súacasa viu un gran movemento de xente e, ao preguntar que pasaba, dixéronlle que era a casa de Hypatia e que ela estaba saudando. Algúns autores pensan que esta é a orixe da conspiración que remataría coa súa vida. Na coresma do 415 foi brutalmente asasinada por un cento de encapuchados vestidos de negro. A súa morte marca a fin de Alexandría como centro da matemática antiga.
Sen dúbida, foi a científica máis famosa da antigüidade e a primeira da que a súa vida e obra están documentadas. Cento vinte anos despois da súa morte, Sócrates dixo dela "a beleza, intelixencia e talento desta gran muller foron lendarias, e superou ao seu pai en todos os campos do saber"
"As mulleres nas Matemáticas"
Matilde Ríos Fachal
Baía Edicións
Matilde Ríos Fachal
Baía Edicións
Yo he tenido la suerte de verla y me ha gustado bastante. Quizá es que la miro con buenos ojos: Alejandría, su mítica biblioteca, una mujer brillante y apasionada por el conocimiento, una mujer sola en un mundo de hombres... Sólo por el hecho de haber elegido este tema y este personaje para hacer una película, Alejandro Amenábar merece un aplauso. No os la perdáis.
ResponderEliminarBicos e apertas dende Loranca.
Con semellante biografía non semella difícil conseguir unha boa película.
ResponderEliminarOla, son Ramón Cabanelas, profesor de ensino secunario dun ole pivado, e aínda que Biólogo, visito moitas veces o voso blogue e o utiizo na clase co me alumnado....eu tamén estou esperando con moita ilusión o estreo desta pelicula, pois son un admirador de Amenabar, e máis pola temática desta formidable matemática.....falaremos despois da estrea...Saúdos
ResponderEliminarTras o que comentades, moito me temo que tentarei vela canto antes.
ResponderEliminarSaúdos para tod@s!
Acabo de ir vela: encantoume a personaxe feminina, a súa soidade e a súa intelixencia... pero a peli non dá todo de si, creo. Unha superprodución moi americana.
ResponderEliminarIso si, o fundamentalismo relixioso, neste caso o cristián, máis que ao descuberto.
Grzas compañeira por poñerme os dentes longos! (e por convidarme a ir contigo... isto é irónico, claro jejejeje)
ResponderEliminar