12/10/09

La mecánica del corazón

Só ollando a portada dan ganas de lelo. E ao acabalo, o que un quere é pechar os ollos para seguir soñando. Igual que cando eramos pequenos. Porque así é este libro, La mecánica del corazón de Mathias Malzieu, un conto fermoso e triste, un canto ao amor, ou ao exceso do mesmo, unha denuncia da crueldade e do rexeitamento do diferente. Poesía en estado puro. Unha fábula da que nada contarei -está en todas partes o seu argumento- para quedarme coa súa maxia. Puro egoísmo de lectura enfeitizada!
Lédeo, animádevos, ademais de empregardes pouco tempo (lese deseguida!) soñaredes e sentíredesvos teletransportar, porque os contos habitan no noso interior, e porque, a pesares de todo, cremos no noso corazón.

Uno: No toques las agujas.
Dos: Domina tu cólera.
Tres: No te enamores nunca.




Este é o vídeoclip da canción Tais Toi Mon Coeur da banda Dionysos, xa que o autor do libro é o seu compositor.

3 comentarios:

  1. Pois si, a verdade é que dan ganas de lelo, si.

    ResponderEliminar
  2. UN LIBRO REALMENTE PRECIOSO, CUN FINAL INESPERADO.

    ResponderEliminar
  3. Alédame que che gustase, Martín. E grazas por mo dicir.

    ResponderEliminar