15/10/09

Retos matemáticos... e non tanto (XXV)

Despois da polémica xurdida nos anteriores retos por culpa dun billete falso, propóñovos estes catro para que sigades a pensar e a poñerme en evidencia:

Reto 1.- Como se pode obter o número 19 empregando unha soa vez os números 1, 2 e 3?
Nota: non está permitido usar decimais nin números concatenados (12, 13, 23...)

Reto 2.- Atopei cinco números consecutivos coa seguinte particularidade: o primeiro é múltiplo de 5, o segundo múltiplo de 7, o terceiro múltiplo de 9, o cuarto múltiplo de 11 e o quinto múltiplo de 13. Cales son os menores números que cumpren estas condicións?

Reto 3.-
Temos catro obxectos exactamente iguais e querémolos ordenar dunha maneira na que todos estean exactamente á mesma distancia uns de outros.
De que maneira hai que ordenalos?

Reto 4.- Nunha estrada un home ía no seu coche a 147 km/h ao xirar nunha curva a esquerdas de 215º. Que roda non tocou o chan?

20 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Estimado bolbor, censureiche o comentario non polas túas palabras (sempre tan acertadas...) senon para que os demais participantes pensen os retos. Tod@s sabemos da túa intelixencia sublime...
    Nota: publicareicho en días vindeiros que o teño gardado; prometido.

    ResponderEliminar
  3. reto tres: facendo un cadrado, ben ben pegadiños.

    ResponderEliminar
  4. Querida Oshidori, moito me temo que a distancia entre os obxectos non sería a mesma; pensa que un lado é sempre menor que a diagonal...

    Sigue pensando!

    ResponderEliminar
  5. Querido Anxinho, sublime non, sublimada... por iso se me escapou case toda polas orellas e fixo presión no nariz (explicación certa da súa lonxitude).
    Por certo, querida Oshidori, para facer o 3 o camiño é tan sinxelo que nin sequera necesitas un plano.
    Saúdos para tod@s!

    ResponderEliminar
  6. Reto 4.- A roda de reposto.

    ResponderEliminar
  7. Reto 1.- 3^2 * 2 + 1= 9*2+1=18+1=19
    sempre e cando elevar ao cadrado non conte como usar o 2.

    ResponderEliminar
  8. Reto 3.-
    Pois poñéndo os catro xuntos, de xeito que se toquen todos, así a distancia entre todos é 0 porque están en contacto, e é polo tanto a mesma entre eles.

    ResponderEliminar
  9. Imos ver querido Marcos:
    -> Reto 1: só se pode usar unha única vez o 2 co cal a túa resposta non é válida.
    -> Reto 3: trátase que a distancia entre TODOS sexa a mesma; loxicamente se pos os obxectos xuntos a distancia entre o primeiro e o cuarto non sería cero nin moito menos.
    -> Reto 4: correcto!!!

    ResponderEliminar
  10. bolbor (comentario censurado por Anxinho)16 de outubro de 2009, 20:20

    Xa hai tempo que estás en evidencia para todos nós... pero por ser un tío fenómeno. Agora ben, comprenderás que non ía a agardar outros 3 anos para collerche nunha equivocación... así que houbo que aproveitala.
    Entón vou facer o último: tendo en conta a velocidade coa que se toma a curva e que se trata dun ángulo moi pronunciado, que o rozamento co chan non é coñecido nin o peralte, tampouco sabemos se hai algún desnivel ou rugosidades indefinidas na estrada, anomalías gravitatorias... en fin, igual tivo que ser a roda de reposto.
    Saúdos para tod@s!!!

    ResponderEliminar
  11. No reto 3 témolos que colocar formando unha figura que creo recordar chámase tetraedro, que ten de base e lados cadanseu triángulo equilátero. Os obxetos colocanse nos vértices.

    No 1, faría logo 1+3=4 e 4^2=16. Dándolle a volta ao 6 tes un 9, e polo tanto o 19.

    ResponderEliminar
  12. Véxote encendido Marcos!

    Noraboa, resolviches o reto 3!
    Pero respecto ao 1 sinto dicirche que non hai cousas raras como ode darlle a volta a un número. Se cadra o que tes que facer é ir máis alá das catro operacións básicas...

    ResponderEliminar
  13. Que mala sombra, que negra sombra ten este Anxo do inferno (que tamén canta, claro).
    O resentimento cegou a esta noutrora nobre criatura...
    En fin, o problema 3 resolto como fixo Marcos está moi ben. Se non é así... pois coma se fora.
    E o dos múltiplos... mkgnamdrcopariu!! Ata 4 cifras xa cheguei e non hai ningún que cumpra iso, así que teñen polo menos 5... ou máis!!
    Xa falaremos...
    Saúdos!!

    ResponderEliminar
  14. JA JA JA JA JA (risa maléfica) Amigo bolbor: acaso pensabas que cho ía poñer doado despois do que aconteceu a pasada semana? Sei ben que non tes moito que facer así que, pensa, pensa...
    E por certo, o reto 3 resolveuno perfectamente Marcos, como xa llo confirmara nun comentario anterior... Ou é que definitivamente está a perder o sentido? Ai ai ai bolbor, mal vamos, mal vamos.

    Quedan por resolver os dous primeiros retos, non vos veñades abaixo, no fondo son faciliños JA JA JA JA JA (risa maléfica dirixida só a bolbor; e de parte tamén da "jefa" do blogue que foi a instigadora destes retos complicados, que conste!!) )

    ResponderEliminar
  15. Valeeee!! referíame ao reto 2. Unha cousa é un máis ou menos... pero outra corenta, jijijiji!!
    Pois nada, desta vez vainos levar a semaniña enteira...
    Saúdos!!

    ResponderEliminar
  16. Digoooo.... referíame ao reo 1, home!
    Non me fixara ben no texto... así que anda por aí a fada do mal... así que foi ela quen te virou malvado... pois que saibas que ninguén é malo se non quere selo, non expíes culpas tan rápido...
    Por certo, a ver se che soan estes números: 22525,22526,22527,22528,22529
    Non digo que fora doado, só sabía que o primeiro tiña que acabar en 0 ou 5 e que o 3º era múltiplo de 9 e o 4º de once. As regras do 7 e do 13 non me eran tan útiles... pero aí queda iso.
    Agora a ver se a inspiración pode co primeiro...
    Saúdos, para a mala malísima tamén...

    ResponderEliminar
  17. Reto 2 ben resolto! Non me esperaba menos de ti, querido bolbor; pero confeso que cría que o resolverías antes. Este tipo de cousas pasan de cando en vez, todos os mitos caen...

    Por certo, como levas o número 1?

    ResponderEliminar
  18. A ver:
    3!=3·2=6 *** utilizamos o 3 ***
    6!=6·5·4·3·2=720
    720:2=360 *** utilizamos o 2 ***
    360+1=361 *** utilizamos o 1 ***
    Raiz cadrada de 361=19
    Ben mirado, pois non era tan difícil...
    A ver se nos sorprendes para outra vez... jijijiji!!! e é que a malicia cega os teus ollos... ou era o fume...
    Saúdos!!!

    ResponderEliminar
  19. Eu xa comentei que eran faciliños querido bolbor, o que acontece é que a túa mente retorta sempre é moi mal pensada...
    Pero recoñece que desta vez fíxenche suar...JA JA JA (risa reconfortante ao saber que teño un amigo tan listo!)

    ResponderEliminar
  20. O que tes é unha sorna... pero quérote igual (mentres vaia acertando, claro).
    Ata o seguinte reto!!!

    ResponderEliminar