22/10/09

Retos matemáticos... e non tanto (XXVI)

De novo cos retoadictos para se espreman os miolos!!

Reto 1
.-O número de teléfono de Andreia ten 8 díxitos 5ABCDEFG. Ao sumar os números ABCD con EFG obtense 9.063 e ao sumar ABC con DEFG obtense 2.529.
Cal é o número telefónico de Andreia?

Reto 2.- É posible mediante cinco cifras impares sumar 20?

Reto 3.- Este é un vello que está durmindo a carón da súa muller (tamén maior), a cal está tecendo. O vello soña que está na guerra e que o van matar cortándolle o pescozo. A muller, ao velo asustado, pasa a agulla de tecer polo pescozo do vello co fin de espertalo. De súpeto, o vello morre do susto.
Por que esta historia non pode ser verdade?

Reto 4.- Se sumas un cuarto do tempo transcorrido desde o mediodía ata agora á metade do tempo que trascurrirá desde agora ata o mediodía de mañá terás a hora exacta.
Que hora é?

14 comentarios:

  1. Creo que teño o 2 reto:

    1+1+5+13=20

    :D

    ResponderEliminar
  2. Vou tentar co terceiro queé o único que non require facer contas:

    O vello está soñando que o van matar e está asustado, ben, continuemos: ela estírase e pásalle entón a agulla polo pescozo, (despois de rematar unha fila da bufanda, senón sería francamente complicado e dígoo por experiencia, q bufanda non fixe unha pero desfacer, defixen moitas, tantas como comecei!).
    El como está soñando, sente o coitelo no pescozo(a agulla), pero pra el non deixa de ser un soño...co cal, non hai un segundo susto.

    A que xa e estou liando e non van por ai os tiros...

    ResponderEliminar
  3. bufff Oshidori vaia lea te montaches,e non me refiro ao fío da bufanda. Síntoo...pero non é correcto.

    Respecto á resposta da secre, Parabens, ben resolto!!!! Loxicamente,non é o mesmo cinco números impares que cinco cifras impares.

    Seguide, seguide a voltas coa bufanda...

    ResponderEliminar
  4. Jejejeje!!
    Bonito o primeiro. As condicións que nos dá o problema son:
    ABCD+EFG=9063
    DEFG+ABC=2529
    Tales condicións poden traducirse en:
    10·ABC+D+EFG=9063
    EFG+1000·D+ABC=2529
    De aquí podemos extraer facilmente que:
    ABC=111·D+726
    EFG=1803-1111·D
    Considerando que estes números teñen que ter 3 cifras, só é posible solución para D=1 polo que o número de teléfono será:
    58 371 692
    Por certo, Andreia non contesta.
    Saúdos para tod@s!!

    ResponderEliminar
  5. Grazas bolbor por dar o meu número de teléfono. Estaba desesperada...

    ResponderEliminar
  6. O que está claro é que se a muller quería tranquilizar o home ca agulla de tecer non era moi lista. ou é esa a razón?

    ResponderEliminar
  7. Que paradiño está isto esta semana!! Tampouco son tan difíciles e, ademais, só quedan por resolver os dous últimos. Sorte e ánimo!!

    ResponderEliminar
  8. Buenooooo!!! parece que os terei que facer eu todos... jijijiji!!
    A ver o último:
    Se x é a hora buscada, sumando x/4 con (24-x)/2 nos dará precisamente x, é dicir que x=x/4+(24-x)/2. De aquí nos sae x=60/5 que son 9h e 36 minutos da noite (hai que sumar 12 horas porque a referencia é o mediodía).
    Certamente, 9h 36´ entre 4 nos dá 2h 23´. O que resta dende as 9h 36´da noite ata o día seguinte ás 12h 0´ (mediodía) son 14h 24´ que dividas entre 2 nos dá 7h 12´. Finalmente, sumando 2h 23´ con 7h 12´ vemos que saen as 9h 36´.
    Saúdooooooosssss!!!

    ResponderEliminar
  9. Boeeeeeeeeeee!! non tanto...
    En realidade 9h 36´ entre 4 dá 2h 24´ e non 2h 23´... pero xa vexo que non andas moi fino ultimamente...
    JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ!!! JUAGGGJJJ-jiiiiii!!!
    Aaaaaiii!!! un día hame dar algo...

    ResponderEliminar
  10. Querido bolbor: en realidade non quixen humillalo publicamente. Sei que non o podería soportar... ;P

    ResponderEliminar
  11. A ver, anímase alguén ou tamén teño que facer eu o terceiro? Mirade que é fácil...
    Saúdos!!!

    ResponderEliminar
  12. Pois veña, a pregunta é: se morreu o vello... como se puido saber o que estaba a soñar?
    Ala!, a ver se na próxima hai máis movemento... que estes estiveron un pouco paradiños...
    Saúdos para tod@s!!

    ResponderEliminar
  13. grazas bolbor!

    Retos resoltos... mañá haberá que poñelos máis doados.

    saúdos a tod@s

    ResponderEliminar