12/11/09

Retos matemáticos... e non tanto (XXIX)

Vaia! Por primeira vez quedou un reto pendente da semana pasada. Pois que saibades que non volo penso dicir...

Reto 1 (pendente da semana pasada).- Se AMX é o segundo e OND o cuarto. Poderías dicir cal é o primeiro?

Reto 2.- Temos dúas latas cheas de auga e un gran recipiente baleiro. Hai algunha maneira de poñer toda a auga no recipiente grande de xeito que poidamos distinguir que auga saíu de cada vaso?

Reto 3.- Un can está atado polo pescozo a unha corda que mide 2 metros. Como terá que facer para coller un óso situado a 3 metros del?

Reto 4. - Rafa roza a corentena. Se se escribe tres veces seguidas a súa idade obtense un número que é o produto e a súa idade pola da súa muller e a dos seus catro fillos. Que idade ten cada un dos membros da familia?

16 comentarios:

  1. Pois querido Anxo non foi por non darlle voltas (refirome ó que quedou sin resolver)

    O do can parece fácil: ¿non será que en realidade non está preso e pode coller o óso sen problema?

    (como ves sigo por aqui...)

    ResponderEliminar
  2. reto 2: pode ser que a auga sexa diferente?

    ResponderEliminar
  3. Xa imaxinaba que andabas por aí!! Nunca o dubidei...
    Por certo, resolviches ben o reto 3, amig@!

    Respecto ao que pregunta o comentarista anónimo dicir que a auga é exactamente igual (mineral sen ghas!)

    ResponderEliminar
  4. reto 2:
    se o recipiente baleiro é grande podemos meter as 2 latas dentro non?

    ResponderEliminar
  5. Podería ser, secre, pero as latas non as metemos dentro do recipiente, aínda que coller, collerían... (e é unha pista!)

    ResponderEliminar
  6. reto2:

    pódese conxelar o líquido pero logo cando pase un tempiño este desconxelarase e xa non as diferenciáresmos

    ResponderEliminar
  7. Moi ben, secre!!
    Se conxelamos a auga antes de metela no recipiente grande cumprirase o que pide o reto!
    Perfecto!

    ResponderEliminar
  8. Por incordiar... o feito de que a corda do can fora de 2 metros e que a comida estivera a 3 metros del non significa que non lle chegara aínda estando atado o outro extremo. Unha corda de 2 metros abre unha circunferencia de 4 de diámetro, podendo quedar a comida dentro e estando inicialmente a 3 m do can.
    Pois iso...
    Saúdos para tod@s!

    ResponderEliminar
  9. Reto 4.-
    O produto sera 393939, 383838 ou 373737 como pouco. Mirei os divisores máis pequenos e obtiven:
    39=[1,3,7,9,13,21]
    38=[1,2,3,6,7,13,14,19,21]
    37=[1,3,7,13,21]

    A continuación dividín os posibles produtos pola correspondente idade do pai: nos tres casos é 10101 que soamente é divisible por 39 (=259) e 37 (=273) como idade da nai.
    259 non é divisible por 2,3,6,13; polo que o descarto.
    En canto ao 273, pódese dividir soamente por 1,3,7,13 entre os divisores da idade do pai, polo que estas teñen que ser as idades dos fillos e da nai. Como dixen, o seu produto é 10101 que multiplicado por 37,38 e 39 resulta 373737, 383838 e 393939 respectivamente.
    A familia pode ter estes anos:
    1- 39,37,13,7,3 e 1
    2- 38,37,13,7,3 e 1
    3- 37,37,13,7,3 e 1
    **os resultados coa idade do pai igual a 36,35...tamen dan o resultado buscado, pero como di que roza a corentena, o resultado máis achegado é o 1.

    ResponderEliminar
  10. Moi ben Marcos, aínda que a única solución posible é a primeira xa que a familia ten exactamente seis compoñentes. Moi ben pensado!

    Respecto ao que di bolbor, deixa de incordiar!! hehehe Esa era a outra opción de resposta aínda que o problema estaba pensado maliciosamente, non matematicamente. De todos os xeitos non esperaba menos e ti...

    Por certo NINGUÉN SABE O PRIMEIRO!!!!!!!!!!
    Queredes unha pista...??

    ResponderEliminar
  11. Se cadra non era mala idea... porque leva camiño de botar algunha semana mais!!

    ResponderEliminar
  12. Eu estou con Marcos, dá algunha pista!!!

    ResponderEliminar
  13. Vaaaaale...
    Se non o resolvedes antes dos seguintes retos, dareivos a pista mañá na seguinte edición.

    ResponderEliminar
  14. Pistas?, que pistas?
    jejejejeee!, non pensarías en ganarnos esta batalla?
    O primeiro é XFM
    juaaaghhh!!
    juaaaghhh!!
    juaaaghhh!!
    juaaaaaaaagggghhh!!
    O razoamento é demasiado complicado, non vou entrar en detalles técnicos que só estarían ao alcance de unha elite...
    Saúdos para tod@s!!

    ResponderEliminar
  15. Chulo!!! Se che levou dúas semanas resolvelo!!! Menos lobos!!
    Explicación:
    1º) XFM: Xaneiro, Febreiro, Marzo
    2º) AMX: Abril Maio Xuño
    4º) OND: Outubro, Novembro, Decembro

    ResponderEliminar
  16. Jajajaja!!
    Xa sabes como é, se eu me puxen a pensalo e se o logrei resolver... é que non era moita cousa...
    Saúdos!!!

    ResponderEliminar