Fermoso alegato pola Paz este álbum ilustrado: 10 soldados de Gilles Rapaport. Un alega
to que se convirte en sorriso coa lectura do libro. Por que? Porque os propios soldados son os que marchan á guerra cun sorriso nos beizos e unha flor no fusil, mandados por unha raíña terrible que ocupa tanto, tanto, que necesita dúas páxinas. Cada páxina conta a histoira da desaparición dun soldado coma se fose unha canción dentro de situacións absurdas que abondan na idea primordial do libro: un rotundo NON á guerra. Cunhas imaxes tremendas que complementan estas situacións inverosímiles para non deixarnos indiferentes, con manchóns negros, rotundo, sobre a ineficacia dunha guerra na que deben loitar uns soldados "que non saben por que van".
Un libro para calquera idade moi axeitado para o Día da Paz, é dicir, todos os días do ano.
Un libro para calquera idade moi axeitado para o Día da Paz, é dicir, todos os días do ano.
Este libro non me gustou moito ,porque ademais de ser triste foi algo aburrido.
ResponderEliminarNon me gustou moito esta historia porque os soldados acaban morrendo todos.Porque a guerra só trae desgrazas.
ResponderEliminar