20/12/09

Diario de libros

Como? Que non sabedes que regalar no Nadal? Que lle queriades comprar un libro a esa persoa pero que le tanto que non sabedes con cal acertaredes? Pois vouvos dar unha pequena solución (de paso, a ver se as editoriais galegas puidesen recoller a idea para facer algo semellante!): Diario de libros, publicado por Barbara Fiore.
A primeira impresión ao recibilo é que se trata dun libro, pero cando o abres ves o especial que é. Por que? Porque é unha especie de axenda atemporal para apuntar todo o que desexes sobre os libros que les, os que prestas (a ver se o fago dunha vez e me deixan de desaparecer libros dos meus andeis!!!), os que che prestan, os que queres regalar, os que tes que mercar...; vén mesmo unha sección para apuntar os aniversarios, o que a min, despistada, vaime vir xenial porque, efectivamente, só sei regalar libros. Aínda hai máis: un lugar para apuntar as librarías imprescindibles, páxinas para "notas" e como colofón "O ABC do libro", un pequeno e curioso dicionario que nos informa daqueles conceptos relacionados co libro.




E entre as súas páxinas destacan as ilustracións (como non) relacionadas graciosamente coa lectura.
Ademais, a presentación é exquisita, para que dure moitos anos, en tapa dura, marcapáxinas e papel groso.

Un regalo precioso co que creo acertaredes sempre.

3 comentarios:

  1. ai miña amiga, que eu andiven a buscalo e dixéronme que estaba ¡¡¡ajotado!!
    ¡Sabes ti onde se pode conseguir?
    Como sempre, os teus consellos son :

    ESASTOS!!!!

    Sabela

    ResponderEliminar
  2. A min mercáronmo en Vigo, en Librouro; que eu saiba alí había máis. Se queres, podo mirarche en Santiago, que irei pronto, se me dis onde mandarcho, por min non hai problema.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Mañán vou a Vigo, e visitarei librouro. Se o atopo..¡Menudo regalo para min !

    Gracias.

    ResponderEliminar