31/12/09

Feliz ano


Feliz ano... a pesar de todo. A pesar da violencia, a pesar das inxustizas, a pesar das desigualdades, a pesar do paro, a pesar do último decreto do goberno galego.
Porque este é o cometido do noso blogue: un ronsel de Lecturas, un ronsel de Dereitos Humanos, un ronsel de Igualdade, un ronsel de Esperanza, Humor e Matemática. Pero é sobre todo unha débeda que temos coa nosa lingua, este noso tesouro que algúns pretenden facer desaparecer. E desde aquí, desde humilde recuncho, vemos como chega un novo ano que agardamos sexa máis digno, máis xusto, máis equitativo.
Hai un ano falabamos de esperanza. A nivel persoal cumpríronse moitas expectativas: o ano que remata faino positivamente. Non sucede do mesmo xeito para a miña alma xemelga e compañeiro deste blogue, a quen, antes que a ninguén, lle desexo que o 2010 sexa moito mellor có 2009: cómprelle abondo.
Pero fóra de nós hai moito mundo que construír. Mentres nós brindamos, haberá nen@s que morren de fame, mulleres golpeadas, homes que loitan en guerras absurdas... o noso desexo remata novamante coa intención de seguirmos denunciando o peor do noso mundo.
Se tod@s loitamos polo mesmo, algo conseguiremos. Non si?
Feliz ano a tod@s. A TOD@S!


13 comentarios:

  1. Feliz 2010 ós meus amigos Gracia e Anxo.....dame pena pasar por Silleda e que non esteades ningún dos dous.

    ResponderEliminar
  2. Gracia e Anxo, Anxo e Gracia: Feliz ano e que sigades así. Deséxovos todo o mellor. E non pasarán.

    ResponderEliminar
  3. Bo aninovo para os dous ronseis, que sigan deixando rastros de paixón a vindeira década... e máis. Dá gusto seguirvos, aínda que é imposible pillarvos.

    ResponderEliminar
  4. Feliz ano compartido con todos vós. Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Feliç Any. Desitjo que tot millori.

    ResponderEliminar
  6. ¡¡FELIZ ANINOVO!! Os meus mellores desexos para os Ronseis, que o 2010 vos traia moitas ilusións e moitísima sorte. Grazas por compartir tanto e tan fermoso traballo.
    Unha aperta,
    Julia

    ResponderEliminar
  7. Ogallá nos traia tamén un bo ronsel de sentidiño. Hai moito en que empregalo. Apertas.

    ResponderEliminar
  8. Desexámosvos tamén un ano moi feliz a toda vosa comunidade educativa.E dende logo compartintoLECTURAS E TRABALLO , incluso en vacaciónS.
    Unha apreta

    ResponderEliminar
  9. Os nosos mellores desexos tamén para este novo ano.

    Apertas como páxinas

    ResponderEliminar