Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/09/09

Insert Coin

Insert Coin from vurup on Vimeo.



Vía

Lento Moscú

Andrey Stvolinsky reflicte o devir e as diferenzas sociais da capital rusa cunha cámara superlenta.

Slow Moscow from Andrey Stvolinsky on Vimeo.



Vía

Xixi no banho

Campaña brasileira para facer “xixi” no banho e aforrar máis de 4000 litros de auga potábel dos ríos




Vía A Mesa Ourense

29/09/09

Pintura urbana

Sprite

Decisións femininas?

O vicio de ler

O ambiente da biblioteca: un caos?!



Grazas, Cristina

28/09/09

Por se tiñamos dúbidas

As relacións entre profesorado e alumnado hoxe en día:


Ás de bolboreta

Estou un pouco perplexa. Que Rosa Aneiros é unha gran escritora é indiscutible: manexa a palabra con fluidez e delicadeza. Porén este libro, Ás de bolboreta, recente Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, deixoume un pouco atónita. Por unha parte, está o fallo dun fío argumental case inexistente que semella resolver apresuradamente ao final do libro; por outra, está a fermosura de cada capítulo independente.
Totalmente en contra do libro: costa seguir as historias (algunhas non sabemos a que se deben), hai demasiado lirismo para ser un libro xuvenil e o final semella de conto de Disney ou de novela rosa. Desde logo, non me parece un libro de "literatura xuvenil" e non creo que guste ao meu alumnado; dá a impresión de que a escritora non coñece como cre a este tipo de lectores. Quizais se o libro se le sen orde lineal o resultado sexa mellor. Quizais.
Con historias actuais, que foxen de feblezas e sensibilismos, achegámonos á crúa realidade da morte, da vellice, da inmigración, da guerra, da soidade, da violencia de xénero... que conflúen nun bar calquera dun recuncho calquera. Son tantas as historias que son demasiadas: é que a autora quería mencionalas todas nun só libro?. Sobra este estado de corrección no que todos os temas son importantes e de todos eles hai que falar, sen esquecer ningún. Mesmo ese suicidio novelesco do final, tan sobrante, resulta patético nunha obra que pretendía ser realista socialmente.
E despois de todo, queda un espazo para a esperanza, e quizais ocorra que aínda teñamos futuro e, coma o pai de Manuel, pousemos a carteira para sermos quen de botar a andar doutro xeito e deixemos saír sentimentos que normalmente permanecen agochados.
En conxunto, a obra defraudoume e non respondeu ás expectativas que dela me creara. Agardo ter máis sorte co premio Xerais.

A aldea das mulleres



Chámase Umoja, que significa unidade en swahili, e está situada ao norte de Kenia, preto da reserva nacional de Samburu. Converteuse nun símbolo da unidade feminina e da posibilidade das mulleres de loitar polos seus dereitos.
Fundada hai catorce anos por Rebecca Lolosoli, quen reuniu un grupo de mulleres da súa etnia, todas elas violadas por soldados e repudiadas polos seus maridos e marxinadas dos seus grupos sociais. Decidiron que alí non entraría ningún home e que elas, ademais de traballar, tomarían as decisións. O experimento foi todo un éxito, mesmo no económico: as mulleres de Umoja organizaron un campamento para albergar turistas, un centro cultural onde exhiben as súas danzas e cantos e unha tenda onde venden os produtos de artesanía que elas mesmas crean. Cos seus ingresos foron quen de enviar aos seus fillos e fillas por primeira vez ao colexio.

Os homes, descontentos ou envexosos, decidiron demostrar a súa superioridade e fundaron unha aldea preto, pero o seu proxecto non funcionou: faltoulles a forza e a coraxe que elas demostraran e posuían.
No ano 2005, Lolosoli foi invitada a participar nunha conferencia da ONU sobre asertividade de xénero. O xefe da aldea masculina aseverou: "o home é a cabeza. A muller o pescozo. Un home non pode recibir consello do seu pescozo..."
En Umoja viven 40 mulleres cos seus fillos. Mulleres valentes e autónomas, cansas de sufrir vexacións polo simple feito de seren mulleres (apaleadas, violadas, obrigadas a casar noviñas...)
Os dereitos das mulleres son considerados agora en Kenia un problema social urxente a resolver.

Será que ás veces vólvenos a esperanza?
A súa web.
Máis información.






27/09/09

O anel axeitado

O tamaño non é o que importa...


video

16 momentos

A vida en estado puro: fermoso vídeo para nos ver reflectidos nalgún momento das nosas vidas. Proxecto de Radiolab dirixido por Will Hoffman.



Vía Recogedor

Non á violencia contra as mulleres (CI)

Viven encadeadas ao medo, e por iso, deben ser vixiadas. Para sobrevivir e loitar contra a ameaza dun home que as perturba, están protexidas por un aparato. Non hai outro xeito. E que funcione! Porque a alternativa é a morte.
Estamos a falar de máis de cen mil vítimas de violencia de xénero, incluídas nunha base de datos que permite a coordinación dos Corpos Policias, Fiscalía e outras institucións que loitan contra a violencia de xénero.
Aquí podedes ler a noticia.

26/09/09

Combo

Graffiti animado de Blu e David Ellis:



Vía

Episodios galegos: tempos de esperpento

Artigo de Manuel Rivas onte no País:

A situación galega, por mor da política vixente, parécese máis cada día ao mundo disparatado do misterio da cripta embruxada. Un dos papeis protagonistas neste enxebre teatro do absurdo teno a donairosa conselleira de Sanidade a quen un día se lle extravía o novo hospital de Vigo, outro desaparécenlle unha morea de camas hospitalarias e por fin esta semana atopa caixas secretas con miles de citas médicas subtraídas polo bipartito, tal e como destacaban onte en primeira páxina os xornais galegos. Non na sección de arqueoloxía, senón na de actualidade política. Sete meses despois das eleccións do 1 de marzo!

Estamos ante outro caso no que se demostra que o anterior goberno non só era manifestamente incompetente, senón que tamén se nos revela como unha coalición de auténticos malvados. Polo oído á señora conselleira, Pilar Farjas, estes do bipartito non roubaban cartos ao estilo da trama Gürtel, senón que conselleiros e comisarios políticos entraban disfrazados nos hospitais galegos e dedicábanse a furtar as citas médicas, en especial as de oftalmoloxía, reumatismo e ludopatía. De onde deducimos que o bipartito non só equivocaba a política senón tamén os adversarios. Os seus inimigos non eran nin a reacción nin empresarios cabreados, como se ten dito. Non. O bipartito mantiña unha guerra soterrada contra birollos, reumáticos e disléxicos. Talvez este pulso de ideoloxía sanitaria explica a frase atribuída a un prominente magnate galego, de quen se afirma que presentou unha esixencia incondicional ao presidente Touriño para facer as paces: "Quiero la cabeza de ese camillero!". Quen era o camillero? Velaí estamos ante estoutro misterio da cripta embruxada.

Mentres a conselleira atopa toneladas de petroglifos clínicos ocultos nos hospitais, agochados, é de supoñer, coa complicidade de miles de funcionarios da Sanidade pública, en especial oftalmólogos, reumatólogos e outros extremistas, o Departamento de Deconstrución do novo Goberno da Xunta prosegue o seu inxente e meritorio labor para ir demolendo o perigoso belén galeguista que montaran nun asubío os da endemoñada coalición. Se tal fixeron en menos de catro anos, imaxinen o quilombo que armarían cun mandato máis! Despois da delicada operación de retirada dos mandilóns e dos letreiros das galescolas, fontes do Departamento de Deconstrución anunciaron á prensa que están en marcha dous operativos de extraordinaria envergadura: a disolución da Selección Galega de Fútbol e a aniquilación da feira denominada Cultur.gal.

Algúns bondadosos desinformados pensan que as actividades da Comuna instaurada en Galicia entre 2005 e 2009 reducíanse á imposición aos nenos crioulos da lingua indíxena, o galego ou vegliota, coa transformación dos centros de ensino público en campos de reeducación dirixidos por instrutores luso-cubanos. Algúns pensaban que isto era un esaxero. Dicían burlóns: A lúa está no couce! Abre a porta Marica que non cabe dentro! Mais co paso do tempo imos coñecendo a gravidade da situación, o abismo ontolóxico no que estabamos metidos. Son miles as persoas que esqueceron o castelán neste período, sometidas a procedementos de hipnose colectiva. Non soamente nenos e nenas afectados polo rito contaxista ou investidura do mandilón. Tamén os espectadores da TVG foron sometidos a sesións de hipnose colectiva e xente que se deitaba falando castelán en pretérito imperfecto erguíase falando galego en futuro condicional. Mesmo o adestramento doutrinario impartido nas escolas provocou que os bancos se subiran ás mesas. É dicir, rapaces que de súpeto se arrepuñan aos pais con frases intimidatorias do tipo: "Quítalle lobos!" ou "dálle atrás á vaca!" ou "saltou o raposo o valado!". Velaí nenos da urbe, civilizados, que dun día para outro falaban con estraña familiaridade de lobos, vacas, raposos e outros animais da selva.

Todo este proceso foi descuberto a tempo e hoxe a xente en Galicia é máis libre e feliz, onde vai parar. Con razón, unha das primeiras medidas do Departamento de Deconstrución, supoño que en colaboración coa Consellería de Sanidade, foi poñer fin a programas insáns da televisión e da radio públicas, como o titulado Hai debate!. Acabáronse aquelas interminábeis discusións, o encirrarse os uns cos outros, a disimetría, o desconxuntar, o lostregar, ese falar para o aire! Agora a auga volveu ao rego e recuperouse a liña do gran xornalismo de opinión: "Unha da boca lle sae e outra no papo lle queda".

Outro invento que estaba a trastornar Galicia era o da Selección Galega de Fútbol, á que deron en chamar a Irmandiña, convenientemente demolida polo Departamento de Deconstrución Nacional. Ademais dunha ocasión de lecer para a xente que gusta do fútbol, disque ter a selección era un símbolo de identidade, un xeito de proxectarse no mundo. Todas as comunidades teñen selección. Teñen selección Catalunya e Euskadi, e Cantabria e Extremadura... Tamén aquelas que goberna o Partido Popular: Murcia ou o País Valenciano. Por que non Galicia? E por que si? Tamén é identidade o non ter selección. Tamén é proxectarse no mundo o non proxectarse. Acábate, pobre, e vende a camisa.

O do Cultur.gal xa caeu polo propio peso. Esta feira da cultura tivo a súa última (e derradeira!) edición na Coruña. Foi un éxito total. Por vez primeira dende a súa apertura, o Palexco estivo ateigado de xente os días que durou o invento. Pobo de todas as idades. Mesmo pobo sentado no chan a gozar do lecer dos libros. Un lugar de diversidade cultural, coas expresións máis clásicas e as máis alternativas. Palabra, música, cinema. Un forno a facer pan día e noite. Por que se decide acabar con Cultur.gal se foi o máis grande éxito da "industria" cultural galega? Pois por iso, paspán. Porque foi un éxito.

Din que a nova Xunta vai contra a identidade e equivócase. Demoler unha identidade é unha identidade. Hai quen pensa que os voceiros da deconstrución son xente con pouca fachenda. Pola contra, van sobrados: "Se todo o mundo ten unha selección de fútbol, pois nós non a temos. E que? Aquí poñémoslle o rabo ás cereixas!". Pasamos anos co discurso galeguista de facer país, de Galicia como tarefa, da utopía da cidade-xardín, a democracia galega do benestar, de non poñer chatas á obra que hai sitio para todos, etcétera, etcétera.

Atención á historia como esperpento. Unha vez consumada a deconstrución, virá a milagre da construción. A nova Lei do Solo. Por fin, a liberdade de "facer país" sen límites nin a dereita nin a esquerda, nin polo alto nin polo soto, nin no interior nin na beiramar. Barra libre, Galicia ceibe, viva o Poder Popular!

Unha mobilización extraordinaria

A chamada de atención contra o cambio climático deste luns consistiu en 2632 eventos en 134 países, miles de chamadas telefónocias saturando as liñas gubernamentais, creatividade e diversidade, chegando directamente a Xefes de Gobernos e Ministros. Iso si, a decepción do martes indica que hai que seguir loitando.


25/09/09

A carta dos ENL

Desde a Coordinadora dos ENL pídese que se mande unha carta similar a esta ao Conselleiro de Educación:

Sr. conselleiro de Educación:

Como coordinador/a do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do (nome do centro), e despois de ter recibido información por parte da Dirección Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería que vostede dirixe, informando de que ata o próximo ano non van ser convocadas as axudas para as actividades dos equipos, quero compartir con vostede, como máximo representante da política educativa en Galicia, as miñas inquietudes e explicarlle os motivos desta carta:
• Dende que foron creados os ENDL, ao abeiro do Decreto 247/1995, estes veñen desenvolvendo un papel fundamental na activación da vida cultural dos centros educativos de toda Galicia, que se traduce na programación e realización de actividades nas que participa toda a comunidade educativa (e en moitos casos transcende moito máis alá dela) e que son fundamentais para axudar á formación do noso alumnado.
• Entre as ditas actividades podemos citar algunhas como a elaboración de axendas e calendarios escolares, a convocatoria de certames literarios, a creación de grupos de teatro, a realización de vídeos (nalgúns casos ata de longametraxes), a edición de revistas en formato tradicional ou dixital, a elaboracións de blogs e páxinas web, a difusión da música galega, ciclos de conferencias sobre temas científicos ou artísticos, e un longo etcétera.
• Na realización destes traballos participan de maneira moi activa distintos sectores da comunidade educativa (persoal administrativo, profesorado, ANPAS... pero sobre todo alumnado) que, aínda que de maneira lúdica, están regalando o seu tempo e esforzos para adquirir e transmitir aos outros valores tan necesarios como a responsabilidade, o respecto polo traballo colectivo e, de maneira esencial, o aprecio pola cultura e a lingua galega.
• Todo este traballo, se de verdade se quere que sexa efectivo, é imposible realizalo sen un labor previo de organización e programación, de aí que unha das demandas reiteradas polos ENDL dende a súa formación foi a necesidade de que xa dende principios de cada curso se fixesen explícitos os proxectos de cada equipo. Só se sabemos cales son pautas que marca a Consellería e con que presuposto contamos para a execución dos nosos programas de actividades, poderemos desenvolver de maneira efectiva o noso traballo. Nos últimos cursos así se fixera e os resultados foran moi satisfactorios.
• Somos conscientes de que o goberno ao que vostede pertence ten na austeridade económica unha das súas máximas pero parécenos (e é ben seguro que comparte esta idea connosco) que a educación é un bo investimento e, neste momento, as actividades realizadas polos equipos de normalización e dinamización lingüística son pezas claves na adquisición das destrezas e competencias (non só lingüísticas senón tecnolóxicas, sociais...) que conforman a bagaxe cultural do noso alumnado.
Por todo o anterior, gustaríanos que se tivesen en conta as nosas razóns e se revisase esta decisión que, dende o noso punto de vista, resulta moi prexudicial para os centros educativos galegos.

Parálise dos proxectos de fomento do uso da lingua galega

A Coodinadora de ENL de Galicia mostrou a súa inquedanza pola modificación da data das axudas aos equipos de normalización lingüística dos centros educativos. Dito feito decidiuse denuncialo ante o Conselleiro cunha carta dirixida dende cada centro educativo. E con esta nota de prensa:

A Dirección Xeral de Polìtica Lingüística retrasa a convocatoria de axudas para o curso 2009-2010 ata o vindeiro ano prexudicando seriamente o desenvolvemento das actividades de sensiblización, dinamización e capacitación lingüística no ensino


A Coordinadora Galega de ENDL quere mostrar a preocupación e o malestar que están a expresar os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ante o retraso da convocatoria anual dos Proxectos de Fomento do Uso do Galego nos centros de ensino público e privado.

Precisamente no momento en que os diferentes departamento didácticos están a elaborar as programacións didácticas que planifican o traballo de todo o curso, a CGENDL constata que desde a DXPL non se van convocar en tempo e forma (a comezos de setembro, como se fixera no curso pasado) as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino. A súa demora imposibilita a organización de actividades encamiñadas a poñer en valor a lingua galega entre a comunidade educativa así como, especialmente, a desenvolver as capacidades lingüísticas do alumnado.

A organización de ligas de debate, de cursos de expresión oral, de grupos de teatro escolar, de certames artísticos, a publicación de revistas e xornais, a realización de programas de radio e televisión, a formación nas novas tecnoloxías, etc. promoven o traballo das habilidades lingüísticas dun modo lúdico e global redundando na mellora de todas as materias e, polo tanto, da calidade do ensino e da formación do noso alumnado. Desde sempre, os ENDL teñen un papel destacado na programación extraescolar e cultural dos centros educativos polo que a interrupción deste labor tamén afectaría negativamente á súa proxección pública e á súa implicación coas familias e o seu contorno máis inmediato.

Esta situación de parálise suporía un retroceso nas políticas de apoio da administración aos ENDL logo de que en anos anteriores se solventasen por primeira vez moitos dos problemas que obstaculizaban o seu labor (convocatorias desaxustadas cos cursos académicos, falta de directrices de traballo para os equipos, etc.). Esta interrupción dunha dinámica de apoio á dinamización lingüística nos centros educativos conduce á desorientación e ao desánimo de todos os que conforman os equipos: aos centos de docentes, membros do persoal administrativo e, sobre todo, de rapaces e rapazas, principais realizadores e receptores das nosas actividades.

Por todo isto, a Coordinadora Galega de ENDL animará aos ENDL a enviar cartas dirixidas ao Conselleiro de Educación para lle requerir que axilice os prazos dunha convocatoria fundamental para realizar o seu labor nos centros públicos e privados de toda Galicia.



No_keyframes

Animación en 3D cuxo título refírese a que os movementos dos obxectos que aparecen están provocados polas leis físicas do programa e non animadas manualmente nunha técnica que se chama coma o título: keyframe. Esta consiste en marcar un inicio de movemento e o seu final, e deixar que o programa calcule os pasos intermedios.

No_keyframes from 1st on Vimeo.



Vía Recogedor

Cantas pingas na cidade!

Este fermoso álbum ilustrado de Eva Montanari, traducido por Antón Fortes e publicado por OQO, achéganos a esas pingas de choiva curiosa que queren saber que ocorre na cidade e de paso descubrir unha serie de personaxes que son alcanzados por estas, tan curiosos como delicados, impregnados dunha rotunda forma poética. Claro que estes personaxes non reciben as pingas de bo grao! E estas, anteriores á descarga da choiva máis intensa, deben volver á súa casa ata que a impaciencia faga que de novo baixen onda nós, porque son moi curiosas e todo o queren saber. Unhas pingas que nos servirán mesmo para aprender a contar... ata dez!
As ilustracións da mesma autora son marabillosas, esculturas e non debuxos que ocupan a dobre páxina que abren doutro xeito porque o mundo que se describe é vertical.
Un libro máis para recrear a vista.

Nucleares

A favor ou en contra da enerxía nuclear? Nesta dúbida baséase este vídeo realizado para unha conferencia sobre este tipo de enerxía.

Forum nucléaire from étapes: on Vimeo.



Vía Más que libros

24/09/09

Sobrevivir en galego

Artigo de Xosé Manuel Pereiro hoxe en El País:

"Ahora se puede decir que vivimos en un país libre, en el que se puede hablar gallego o castellano", sentenció hace unos días, como ejemplo de las bienaventuranzas de la victoria de Feijóo, el presidente de la Diputación y del PP de Pontevedra, Rafael Louzán. Lo dijo en el castillo de Soutomaior, en el acto de despedida del veraneante ilustre que los conservadores hacen ahora a Rajoy como hacían antes a Fraga, hasta que se quedó. A Louzán se le podrá discutir cualquier cosa, excepto que conoce de sobra en qué mundo vive, así que lo que dijo hay que atribuírselo a un exceso de esa pasión tan gallega, rayana en la idolatría, de satisfacer al veraneante. Porque Louzán sabe perfectamente que el derecho a elegir idioma se conquistó con la derogación del régimen franquista, no con la del gobierno bipartito. Y también que una cosa es tener el derecho y otra ejercerlo.
Para aquellos que no tengan ese conocimiento, indiscutible y retráctil, que tiene Louzán, o no sean de aquí y puedan aprovechar que esto está en castellano, permítanme que les esboce un mapa. Monolingües en gallego en sentido estricto son ya únicamente, además de algunos bares de copas compostelanos, las pequeñas poblaciones rurales. Allí, un castellanoparlante se puede desenvolver perfectamente, como se demuestra cuando vienen los parientes emigrados. Quizás a las personas de más edad de esos territorios sociolingüísticos les cueste o les sea imposible cambiar de registro idiomático, pero no a los más jóvenes, pese a esos seres míticos -los pobres niños que sólo saben hablar gallego- en cuya existencia creen los gallegofóbicos compasivos. Monolingües en castellano son -en algunos casos incluso a su pesar- en los ámbitos urbanos, gran parte de las clases medias, la totalidad de las altas y la mayoría de los jóvenes de cualquier clase social. Irrumpir en gallego en algunos de esos ambientes va de lo impropio a lo extravagante y, en casos extremos, a lo temerario. Y desde luego, quien lo hace es porque es un paleto o es nacionalista. Por ignorancia o por provocar, vamos.
"¿Usted habla gallego porque quiere o porque se lo imponen?", le preguntó en fecha tan remota como el pasado lunes un taxista a un amigo mío, un artista muy conocido. Cuando el cliente le contestó que lo hacía voluntariamente, el chófer concluyó: "Entonces es galleguista". Usar el idioma propio de Galicia es ideológico. Usar el otro, no. Ser sorprendido hablándole por la calle en gallego a un niño pequeño suscita en algunos viandantes miradas tan reprobatorias como si, en lugar de emplear la lengua de sus ancestros, se le fuese azotando con una vara. En una actividad extraescolar he visto como un padre se dirigía a sus hijas cambiando de idioma según el volumen (en bajo en gallego, en alto en castellano). La situación es tan de libro que, como no podía ser de otra forma, afecta más a las mujeres.
Territorios bilingües, en los que predomina el gallego, pero hay un dominio funcional de ambas lenguas y a nadie extraña el registro idiomático del interlocutor ni saca conclusiones por el que tenga, son los demás. Y como la Amazonía, están en fase menguante. Cada vez más, sea en las ciudades o en las villas, en cualquier escala social, la lengua vehicular, la que se usa en el primer contacto con un desconocido, es el castellano. Si los dos interlocutores descubren que son gallegohablantes, se suelen pasar a su idioma, en algunos casos incluso con cierta complicidad. O no. Lo normal es que una dependienta atienda en español, por mucho que se la interpele en gallego y ella haya estado hablando con una compañera en la misma lengua. En una época en la que frecuenté hospitales, no dejaba de sorprenderme -relativamente- cómo la presencia de un único castellanohablante en una habitación de cuatro cambiaba el registro de los otros tres. Lo mismo pasaba, claro, ante la presencia del personal médico. En resumen, los gallegohablantes tienen más facilidad para cambiar de registro -son los realmente bilingües- y tienen que hacerlo mucho más para evitar situaciones de conflicto.
Pese a que seguramente constituya una sorpresa para aquellos que viven en un mundo impermeable al vernáculo, la mayoría de la población es gallegohablante, como aseguran las estadísticas. Así que este panorama de acoso y descrédito de la mayoría por la minoría sólo se explica porque ese teórico equilibrio oficial no es tal. "Aquí vivimos todos con un bilingüismo y una cohabitación razonablemente bien, sabiendo que iba ganando el castellano y en retroceso el gallego", dijo Pachi Vázquez en este periódico, de forma tan expresiva como semánticamente ambigua (el "razonablemente bien" ¿es complemento circunstancial de la primera frase, de la segunda, o de ambas?). O como aclaró Gloria Lago en otro, los militantes del castellano soportaban la legislación teóricamente equilibradora en la enseñanza porque no se aplicaba, hasta que se intentó hacerlo. Es decir, el derecho está ahí, y lo que ha hecho Feijóo ha sido recordar de nuevo que pretender ejercerlo puede tener consecuencias.

Pat & Mat

Curta checa:



Se vos gusta, hai máis aquí.

Vía Recogedor.

Spot Stop

En contra da persecución dos homosexuais. De Amnistía Internacional, claro.

Obxectivo: enriquecer

Un profesor perfecto é aquel que sabe contar historias, segundo Jostein Gaarder:


23/09/09

Mosquito

Iconas do pop

Veño de topar en Falantes esta icona da incultura pop, Gloria Lago, tan suxestiva... e non me puiden resistir:




La dama de blanco

Debería pedir perdón publicamente por tardar tanto en descubrir este libro e por non achegarme antes a este escritor. Wilkie Collins e La dama de blanco é, dende xa, un escritor e un dos libros que máis recomendarei a partir de agora. Isto medra cada día!
A historia mestura a intriga co amos e a suxestión dun mundo afastado do noso, impregnado dunha aúrea romántica vitoriana. Orixinal é a estrutura, xa que a historia é contada desde diferentes puntos de vista que lle dan unha maior veracidade ao narrado, e que a converte nun catálogo de personaxes diferentes que nada ou moito teñen que ver, pero sempre ben trazados psicoloxicamente.
Pero que vou dicir eu se xa Borges repetiu que é un libro inesquecible? Pois iso, que o leades.


Os mellores impresos

A publicidade pode dar lugar a verdadeiras marabillas, sobre todo se é instrutiva ou molesta. Aquí tedes unha recopilación de 30 anuncios saídos en prensa en diversos lugares do mundo que son verdadeiras xoias.



Vía Microsiervos

22/09/09

Amor en Roma

Curta realizada con 4500 fotografías, grazas á Fundación Seagate Creative no 2008.

Notte Sento from napdan on Vimeo.



Vía Más que libros

Os ollos do Contomar


Asignatura pendente dende que Concha mo regalou, hai xa meses, falar deste libro. Mediar cariño é o que ten. Porque como falar dun libro que é un tesouro? Tesouro as olladas; tesouro os sorrisos; tesouro os contos. Non é un libro calquera: abrilo supón mergullarse no pracer da literatura, descubrir abraios, aventuras, sorpresas, viaxes. É traspasar barreiras que semellaban infranqueables.
Os ollos do Contomar. Unha experiencia de fomento da lectura (pódense baixar algunhas páxinas en pdf), é -en palabras de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura- "unha crónica en imaxes do que ocorre os luns á tarde na Biblioteca Municipal de Gondomar". "Para Espazo Lectura foi e segue a ser unha satisfacción ir construíndo un proxecto cívico de fomento da lectura que se apoia en tres piares fundamentais intimamente ligados entre si: a dinamización, a formación e a sensibilización".


O libro é unha marabilla: as fotos de Manuel G. Vicente son unha auténtica gozada. Os textos que as acompañan son unha antoloxía magnífica sobre a lectura, os libros e as bibliotecas.
Un libro para contemplar cada día: con el lembraremos a importancia de saber transmitir.

O do libro nunca será o mellor negocio para o mundo dos negocios, pero é o mellor negocio para o mundo.
MANUEL RIVAS

Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le
GÜNTER GRASS

Vitaminas

Boísima esta publicidade alemá:





Vía Recogedor

21/09/09

Futuros peligrosos

Elia Barceló publicou Futuros peligrosos, sete relatos futuristas que foxen do típico relato de ciencia ficción para convertelos en situacións cribles. Destes, tres contos convertéronse en novela gráfica. E dos tres, o mellor é o primeiro, onde nos fala da eterna xuventude, ou deste anceio social das aparencias perfectas. Os tres teñen en común que poden formar parte do noso presente, da tecnloxía avanzar cara a un compoñente antihumanitario.
Unha boa achega ao mundo do cómic e un bo xeito de nos presentar a ide orixinal neste mundo, coma un xeito de atrapar aos lectores, posto que as imaxes son elocuentes e conseguen converterse en complemento ideal do texto.
A min, xa sabedes, non é o xénero que máis me gusta, pero aínda así recoméndovolo porque vaivos gustar.
Ambos libros, o cómic e os sete relatos iniciais, están publicados pola editorial Edelvives.

Cambios

Comezamos as clases de xeito moi diferente: Tanto Anxo coma min cambiamos de centro e afastámonos (fisicamente) de novo. Pero ambos iniciamos esta andaina ilusionados con novos retos, novo alumnado e un novo traballo bibliotecario e normalizador. Botaremos de menos, por suposto, a quen deixamos atrás, compañeir@s fantásticos que se converteron en amig@s e un alumnado inmellorábel. Porén, tocaba dicir adeus a Silleda, ou ata pronto.
Dende Cuntis e dende O Carballiño este blogue seguirá tan activo coma sempre e agarda contar coa vosa presenza e cos vosos comentarios, porque sen vós non poderiamos existir. Dámosvos as grazas pola fidelidade que mantivestes até o de agora e pretendemos que todo o que publicamos sexa do voso interese e agrado. Xa sabedes onde estamos.
E como nos caracteriza o sentido do humor... benvido sexa o novo curso!



As bibliotecas, piar fundamental, seguen presentes, como non, nos nosos novos destinos. Non podía ser doutro xeito:

20/09/09

Humanidade

"Humanidade" é un vídeo de Estirpe no que o protagonista é Chaplin e o seu xenial filme "O gran ditador", de 1940.
"O home é o único animal que tortura aos seus semellantes". Cómprenos humanidade.



Vía


Wonderbra

É sexista a publicidade que consolida pautas tradicionalmente fixadas para cada un dos xéneros, fixa cánons de beleza feminina considerados como sinónimo de éxito, exerce presión sobre o corpo feminino a través de determinados tipos de produtos, presenta o corpo das mulleres como un espazo de imperfeccións que hai que corrixir, sitúa as personaxes femininas nunha posición de inferioridade e dependencia, exclúe ás mulleres das decisións económicas de maior relevancia, afasta ás mulleres de espazos profesionais prestixiados e asigna roles de limpeza e alimentación familiar, nega os desexos e vontades das mulleres e amosa a súa adecuacións aos desexos e vontades das demais persoas, representa o corpo feminino como obxecto e mostra mulleres incapaces de controlar as súas emocións e reaccións.
(Fonte do texto)

Agora xulgade vós:



Vía

Non á violencia contra as mulleres (C)

Cada día, unha media de dúas mulleres son asasinadas en Guatemala. Violacións masivas, abusos, discriminacións por xénero e raza... son constantes entre as mulleres guatemaltecas.
Audio: Javier Bauluz e Patricia Simón
Guión e locución: Lydia Molina




Vía

19/09/09

Na defensa da lingua galega

Transcribo o correo eléctronico que me remitiu Xabier P. Docampo:

Queridas amigas, queridos amigos: A ningún de vós se vos escapa que os dereitos da nosa lingua están sendo postos en grave perigo por decisións políticas que se fan ao ditado de organizacións claramente opostas a calquera proceso de normalización lingüística que se leve a cabo en Galicia.

Somos moitos os que desde o principio tomamos a decisión de nos enfrontar a isto por calquera dos medios, pacíficos e respectuosos coas persoas e coas institucións, que estea ao noso dispor. Así se estivo a xestar neste últimos meses unha plataforma que cumprise coas condicións ineludíbeis de ser apartidaria, plural e carente de calquera personalismo, é dicir, unha plataforma que devolva ao pobo galego o recoñecemento de ser o único detentador dese patrimonio inmaterial de valor universal e eterno que é a lingua galega. Unha plataforma á que pode pertencer calquera persoa que aniñe no seu corazón o desexo de defender e promover a lingua galega, con independencia de cal sexa a lingua na que desenvolve a súa vida cotiá. E tamén unha plataforma que non intenta substiutír nin facer de menos a calquera outra que exista ou poida chegar a existir cos mesmos fins.

Agora chega o momento de facer pública esta plataforma á que lle demos o nome de ProLingua, e quero convidarte e que te unas a nós. Para iso achego a este correo-e o noso Manifesto (que tamén se pode ver na nosa paxina web www.prolinguagalega.org) que che rogo leas con atención e, se cadras conforme con el, te unas a nós facéndote presente na nosa listaxe de membros de ProLingua seguindo os pasos que na propia páxina web se indican.

No caso de que os teus sentimentos coincidan cos nosos obxectivos e penses en te unir a ProLingua, desexaríamos que estiveses presente en Santiago o próximo día 3 de outubro ás 11,30, data e hora na que celebraremos a nosa asemblea constituínte na Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Para nós, os de ProLingua e para min como amigo teu, é moi importante contar contigo ese día, como o é tamén o feito de podermos xuntar alí o maior número posíbel de persoas, porque sabemos todos que unha plataforma que se constitúe coa presenza de centos de persoas non pode ser ignorada.

Nos próximos días aparecerá na páxina web unha indicación de cómo informar da intención de estar presente na asemblea a fin de podermos facer as previsións necesarias.

En calquera caso esta ocasión é ben boa par enviarvos a miña meirande aperta.

Xabier P. DoCampo

Producen canas

Anxo, Bolbor... estades preparados?!:

O incrible neno devorador de libros


Por fin, posúo este libro, do que xa nos falou Charo hai tantos meses: Un libro que está para comelo.
E así é. Coma ocorre cos álbums ilustrados, a aparencia de libro infantil non significa que este o sexa, cando menos, exclusivamente. Porque O incrible neno devorador de libros, de Oliver Jeffers, traducido por Laura Sáez coa colaboración de Óscar Villán, non é tan só un álbum. É a primeira aposta dunha nova editorial cun nome tan suxerente como "Patasdepeixe", e é un libro que nos convence -se de cumprir for- da diversión que produce a lectura e dos seus beneficios. Porque un neno come libros e faise máis listo... ata comprender que o mellor é lelos.
Un libro para ler, reler, ollar, disfrutar... e comer!




O slide roubeino de aquí: grazas!



A galega que mordeu a lingua

Artigo de Manolo Rivas onte no País:

"En diversas partes do mundo e ante situacións diferentes, mais semellantes na súa esencia, os pobos institúen espazos simbólicos da memoria. Fíxoo o pobo xudeu respecto do Holocausto. Fíxoo o pobo xaponés polas explosións atómicas de Hiroshima e Nagasaki. Estase facendo en América Latina ao respecto das ditaduras que aplicaron sistematicamente o terrorismo de Estado. Cal é o fundamento desta actitude dos pobos que sufriron situacións traumáticas e disolventes da súa identidade? É o desquite? Non, o fundamento é que nunca máis volva a ocorrer estes feitos. Temos consenso social en rexeitar a ditadura terrorista que asolou o noso país. Con base nese consenso fundamos o Museo da Memoria...".

A quen pertence ou de onde saíu este texto? É transcrición dun acordo tomado por algunha institución galega -concello, deputación ou Xunta- consciente á fin da súa función como hábitat da memoria democrática? Talvez é un borrador co que nos vai sorprender un día destes o candidato á alcaldía da dereita coruñesa, Carlos Negreira, despois das súas últimas sesións espiritistas con Millán-Astray? (Victor Hugo tamén era amante do espiritismo histórico, mais escollía mellor os interlocutores: falaba moito coa burriña de Balaam).

Pois non, por desgraza o da cabeceira non é o parágrafo dun documento de ningunha institución galega nin do prominente candidato ao protectorado coruñés. Disque Negreira está posuído pola extrema dereita local. Eu o que penso é que está posuído por outro demo: o Mal Gusto. A Coruña é unha lámpada marabillosa que terma do que lle boten. Calquera outra cidade estaría infartada coa fealdade cruel do monumento ao xeneral africanista, que tanto colaborou co seu colega Franco para facer de España a última colonia española. A retirada dese monumento xa non é cuestión de debate histórico. É un deber de estética coruñesa. A auténtica Coruña, señor Negreira, sempre estivo "contra a grosería e a violencia". Como Ava Gardner.

Non é casualidade que sobre estas cousas pense un en Montevideo. Se hai unha cidade que linda coa Coruña esa é a capital de Uruguai. Na xeografía e na historia humanas vanse configurando simetrías. E Montevideo e Coruña son simétricas. Melancólicas e cantareiras a un tempo. Embarcadoiros de ida e volta. Espazos integradores onde partillar identidades sen complexos. Co ADN marítimo da liberdade, co pavillón de Baudelaire: "Se amas o mar es un ser libre!".

O Museo da Memoria do que falei nun comezo existe dende decembro de 2007. Está instalado nun magnífico espazo histórico patrimonial, a ex Quinta de Santos, cedido pola Intendencia Municipal. Tamén foi posíbel pola colaboración do Ministerio de Educación. Trátase dun predio fermoso, con ampla zona natural, onde a actividade é continua, con exposicións e foros de reflexión onde o asunto nuclear son os Dereitos Humanos. Un local universal, alí onde está arquivada a resistencia democrática uruguaia e latinoamericana, mais que mira cara ao futuro da humanidade enteira. O Museo da Memoria está vivo porque, á parte do apoio institucional, foron as asociacións e as redes cidadáns ás que o puxeron en marcha. Dende Madres y Familiares de Uruguayos Detenidos Desaparecidos, a Asociación de ex Presos e Presas políticos, a Memoria da Resistencia 1973-1985, até as facultades da Universidade da República. Son estas mesmas entidades as que dan pulo ao referendo que se celebrará en outubro, coincidindo coas eleccións xerais, para botar abaixo a chamada Lei da Impunidade. Todos os estudos de opinión dan ampla maioría á posición democrática que defende os principios básicos de recoñecemento, reparación e xustiza. E os utilizaron as Forzas Armadas e os poderes do Estado para o seu beneficio económico e para reprimir, violar, secuestrar e asasinar, serán xulgados polos seus crimes. Algúns xa están entre reixas.

Hai outro lugar extraordinario onde habita a memoria, non como arañeira de faiado, senón como un ser vivo. Unha Ítaca galega en Montevideo. É o Patronato da Cultura Galega. Nestes tempos de grosería contra o idioma e a cultura de Galicia, cando os máis groseiros son os mellorados da casa, cómpre lembrar que este é un país de ulises e misteiras. Hai que cambiar a leria: o país dos ananos está na propia terra. Hai moitos lugares mundo adiante nos que endexamais morrerá Galicia. Moitos, mais deixarme citar dous. De andar náufrago e buscar Ítaca, eu sei os enderezos onde iría: Chacabuco 955 (Federación de Sociedades Galegas) en Bos Aires, e Rondeau 1421 (Patronato da Cultura Galega) en Montevideo.

Misteiras é o nome galego das mulleres que fabricaban os mistos, os fósforos. O Patronato de Montevideo ten dende hai anos unha directiva formada por mulleres activísimas que merecen ese nome garimoso de misteiras. Son as que manteñen o lume aceso. Unha cálida rede asociativa que cada vez vai a máis. A biblioteca de temática galega é extraordinaria. Quen a tivese de man en moitas vilas da Galiza territorial! No Patronato aprenden lingua e todos os eidos da cultura. Mais tamén hai obradoiros artísticos, de gastronomía e doutros proveitos e saberes. O Patronato mantén a emisión radiofónica Sempre en Galiza, que é a máis antiga do mundo das feitas en idioma galego. E hai un compromiso fondo, non retórico, co país de acollida, con este Uruguai que está a abrir unha nova xeira progresista canda a maioría dos países da emerxente América Latina. Non é un lugar partidista, mais no Patronato respírase a memoria democrática, a resistencia contra dúas ditaduras (a española e a uruguaia) e nótase tamén o optimismo da vontade. O que hai alí é o contrario da grosería reaccionaria. Un espírito cívico, solidario. Alí rexe o que Blanco Amor chamaba "a aristocracia da alma".

Antonia encarna todo iso. Hai moita xente así, mais semella que estaba no maxín de Blanco Amor cando falou da "aristocracia da alma". Antonia Yáñez, unha das impulsoras do Museo da Memoria, é unha lenda real en Uruguai. Nacer naceu en Lamas, unha aldea perto de San Sadurniño. Cando tiña catro anos, en 1952, marchou cos pais, Pedro e Consuelo, cara á Terra Prometida. A viaxe a Montevideo foi unha travesía que durou 22 días. Verbo da memoria, no se lle perdeu nada polo camiño. A nena levouse todo. Mesmo os amorodos salvaxes do camiño cando ía polo tabaco para o pai e o enterrador deixábaa tirar da corda do badalo das campás. Todo está aí, neses dous eidos que escintilan húmidos baixo as pálpebras de Antonia e onde vexo a verdade antiga do poema de Camões: herbas que son ollos do corazón. A nena medrou no barrio de Piedras Blancas. Alí os emigrantes facían a propia casa coas súas mans no tempo libre do traballo. Foi a unha boa escola, unha escola pública. Logo á universidade. Tiña un fillo pequeno e era profesora de Literatura cando a detiveron en 1981. Xogaba un papel relevante na resistencia contra a ditadura. Torturárona de tal xeito que, para non ter a debilidade de falar, decidiu morderse a lingua até perder a fala e o sentido. Os verdugos pensaron que se amputara, tanta era o sangue que saía pola boca.

Mais aquí está Antonia. Ceba un mate. Sorrí. Vai falar da nena de Lamas.

Las cosas como son

Artigo de Ramón Baltar no Correo Galego:

Los opositores a la oficialidad del gallego presentan su caso como defensa de la libertad individual de expresión y por las ventajas que trae la lengua imperial. No convencen.

Lo primero sería justa demanda si no fuera mentira de cosacos que en este país se fuerza a la gente a hablar en gallego contra su voluntad y gusto: no hay nadie que no pueda hacer toda su vida en castellano (como llaman a lo que en todas las partes del planeta conocen por español). El parecido genético entre los dos romances hace imposible la no comprensión del otro.

Que el español es una lengua que abre muchas puertas fuera de España es cierto, pero falso que las abra todas: en la ciencia y la investigación, por ejemplo, el hablar español ayuda tan poco a manejarse como saber gallego. Triste cosa de decir, pero los países de parla hispana no son los que cortan el bacalao en el escenario internacional. Y en todo caso, medir la importancia de una lengua por el número de hablantes es confundir cantidad con cualidad.

La doctrina asegura que las lenguas son creación espontánea del hombre y todas valen para lo mismo: representar la particular visión del mundo de un trozo de la humanidad. Por definición, ninguna supera de suyo a las demás.

Si esto es así, la nuestra viene a ser la cifra del ser gallego y por tanto patrimonio de nuestra comunidad espiritual. Protegerlo es hacer Galicia. ¡Protéjanlo!

18/09/09

Somos vellos, somos novos

Artigo de Suso de Toro no País, hoxe:

A xente galega en xeral, e os escritores moi en concreto, vivimos nun país social, cultural e político complexo e iso obríganos a reflexionar sobre a realidade. Vémonos abocados a facer un traballo intelectual que noutras sociedades homoxéneas e menos conflictivas non hai que facer. É sabido. Non nos é dada a inxenuidade.

Por forza, unha desas olladas reflexivas sobre o campo no que aramos ten de ser sobre o propio corpo da escrita na nosa lingua, sobre o noso pasado, sobre a nosa tradición. É tan débil que podemos dicir que non temos tradición, que a nosa é unha literatura adánica. Este carácter de literatura con poucos antecedentes é debido a un avatar político: a vontade de destruír o Reino de Galiza e a súa lingua por parte dunha coroa que toma a Castela como soporte. E por iso o cultivo consciente da lingua, a escrita, é un acto político, cívico; aínda hoxe. É certo, escribir en galego é un acto cívico.

Temos unha tradición medieval importantísima que é parte da literatura medieval europea e non lle damos importacia bastante. Literatura que nos dá glamour e un certo orgullo, mais pode haber relación entre un lector de hoxe cunha cantiga de amigo? Pouca, principalmente o interese filolóxico. Interésanos porque está escrita na nosa lingua, aínda que sexa nunha fase inicial da súa historia, porén pouco nos di desde o punto de vista da identificación personal. O que conta a literatura medieval, sexa en prosa ou en metro, son relatos arquetípicos, non experiencias persoais. Sérvenos unha metáfora, unha figura literaria dun poema medieval, mais as nosas experiencias amorosas ou de calquera outra índole persoal non teñen nada a ver coa hipermitificación do amor cortés. O certo é que até o século XIX, en Follas Novas, apenas achamos na nosa literatura a conciencia individual que xa se encontra no Jorge Manrique ou en Villon. A nosa literatura detívose nunha época arcaica e faltoulle algo esencial, ese paso do arquetipo á experiencia persoal, o paso do Medievo ao Renacemento e logo ao prelo. A complexidade humana que expresa o Barroco, a conciencia de ser individuo, que está nas letras italianas, castellanas, inglesas, alemás... non a hai na literatura que se escribe entón entre nosoutros. E o Barroco foi o verdadeiro madurecemento das linguas, pois a literatura ten a capacidade de transformar e facer crecer unha lingua. Esa experiencia expresouse na nosa lingua, mais foi alén da fronteira trazada no río Miño, en Portugal. E aínda así, tamén por un avatar político, ao estar o reino submetido á coroa do Austria Felipe II, é unha literatura partida entre o portugués e o castelán.

Somos unha literatura acabada de nacer. A nosa lingua non é antiga como adoitamos dicir, é nova como nova e sen tradición é a nosa literatura. Somos modernos á forza.

Valentino Rufini e Akil Pillabán, de viaxe a Milán

Está moi ben esta proposta de teatro infantil e familiar que nos fai Roberto Salgueiro, Valentino Rufini e Akil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can), -case é máis longo o título que a propia obra!-. Ambientada na Italia do século XVIII, conta a historia de dous personaxes: Valentino Ruffini Âkil Pillabán, ambos diferentes e semellantes, ambos en idénticas circunstancias. Sobre as diferenzas sociais existentes nun principio dominará logo a amizade, a admiración e a razón.
Unha obra curta, perfecta para ser traballada nunha clase, con valores e con risos asegurados. Moi recomendábel.

Contrato social

17/09/09

Jack Jack Ataca

Curta de Pixar:

Gastamos en publicidade?

Ver Escoitar

Eggs and Sausage from Jackie Lay on Vimeo.



Vía Librosfera

16/09/09

Sobre o racismo lingüístico

Declaracións do xuíz Luís Villares Naveira na presentación do libro Sobre o racismo lingüístico:





Vía

Super Baozi vs Sushi Man

Animación en 3D realizada por Sun Haipeng.

Super Baozi vs Sushi man from sun haipeng on Vimeo.



Vía Recogedor

El secreto del Bosque Viejo

Non é unha novela, é un conto; un conto fantástico onde os homes falan co vento, cos trasnos do bosque, cos animais. Unha fábula marabillosa ou unha poesía impresionante. Así é o libro de Dino Buzzati, El secreto del Bosque Viejo. Un libro que tod@s os adultos deberiamos ler para recupar a maxia que seguramente perdemos co paso dos anos. Algo ao que se nos invita desde as páxinas máxicas do libro.
A maldade máis cruel será moldeada e recortada polas fantásticas figuras que poboan un Bosque, onde nada é o que semella, e onde as criaturas non humanas demostrarás que a humanidade é máis importante que calquera outra cousa; pero para isto debemos deixar atrás a avaricia e a envexa, mesmo debemos deixar que a infancia, con toda a súa bondade, viva en nós para sempre. Só así poderemos entender o que esas criaturas nos queren comunicar.
Un fermoso conto que non esquece o misterio e a maxia das fábulas tradicionais. Aínda que si esquece a posible fórmula de rematalos: ese final feliz que neste relato sería incomprensible. Lédeo, soñade, volvede ser pequerrechos e disfrutade da maxia da escrita ben feita.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.