
Fermosa reedición dun libro diferente, vangardista, atrevido, estraño. O Libro das M'Alicias de Miquel Obiols, ilustrado por Miguel Calatayud, foi seleccionado no VI Simposio sobre Literatura Infantil e Xuvenil, organizado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez en xuño de 2000, como unha das cen obras da Literatura Infantil española máis representativas do século XX. Editado por primeira vez en 1990, é unha curiosa e divertida reescritura do personaxe de “Alicia no País das Marabillas”. Doce historias fantásticas nas que a protagonista vive nun mundo disparatado que se conforma no noso maxín coas incribles ilustracións que o libro nos ofrece, xogando con cores chamativas e ilustracións ateigadas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario