23/01/10

Lingua proletaria de mi pipol

Unha compañeira do PLAMBE mándanos este poema que quizais coñezades... se sodes convenientemente plurilingües. Viva o decretazo!





e outra compañeira mándanos tamén a súa versión, monolingüe, do mesmo poema. Para que logo digan que a poesía non serve para nada!

Eu fáloa porque si

Eu fáloa porque si, porque me gusta.

Eu quéroa porque si, porque me mola.

Eu quéroa porque é parte de min.

Eu quéroa porque é miña, e chega.

Eu síntoa miña porque me criou desde pequeño.

Eu respéctoa porque son as miñas raíces.

Eu elíxoa porque si, porque vale a pena.

Eu fáloa porque me sae pola boca.

Eu aloumíñoa porque me fai máis feliz.

Porque me dá a vida.

Porque me fai soñar.

Eu seméntoa para que se multiplique.

Eu régoa para que non se murche.

Eu sóñoa para que a abale a lúa.

Eu cántoa para que o vento a zoe.

Eu navégoa porque estou a salvo no barco que me leva.

Eu esquézoa para lembrala unha e outra vez.

Porque grazas a ela podo escribir estas palabras.


Moitas grazas a ambas as dúas

3 comentarios:

  1. Hai que ver o que gaña esa versión!!! E tanta xente manifestándose sen comprender as vantaxes que traerá a posta en práctica do decretazo...
    Iso é que é didáctica!
    Abrazo

    ResponderEliminar
  2. Si, si, eses ignorantes manifestándose... ningún deles sabe ningún outro idioma agás o galego. Non poden saír polo mundo adiante nin culturizarse. Unha vergoña!
    Apertas, María. Grazas pola visita

    ResponderEliminar