28/01/10

A miña planta de laranxa lima

Cheo de lembranzas, un libro marabilloso para todas as idades que hai que ler nalgún momento da vida: A miña planta de laranxa lima de José Mauro de Vasconcelos, publicado pola editorial Primerapersona. Iso si, cun pano ao voso carón, non coñezo a case ninguén que sexa capaz de reprimir as bágoas.
Cando llo levei por primeira vez ao Departamento, leuno a miña querida Teresa. Cando mo volveu, prohibiumo ler. Sempre desexa evitar que eu sufra! E daquela obedecín, claro. Pero como non lelo? Si, efectivamente, o libro é dunha tristura inconmensurábel. Pero, tan sumamente tenro...
Foi o último libro proposto no club de lectura. Pero, curiosamente, acabouno lendo medio instituto. Sobre todo, gran parte do profesorado. Un boca a boca que funcionou sen case a miña intervención. Do Departamento de Galego ao de Español, deste ao de Inglés, de aquí ao de Historia, Música... Todo un éxito!
Seguramente a maior parte de vós xa o coñecedes. Se non o lestes aínda, non tardedes moito, é unha auténtica fermosura. Dá igual os anos que teñas, podes lelo con dez ou con oitenta: vaiche gustar. O contario é impensábel. Ou imposíbel.

7 comentarios:

  1. Que é iso de chorar? Sufrir? É un libro para reflexionar: Cal é o valor da vida dun neno en cada un dos mundos que enchen este noso Planeta?
    Por certo, este é, de longo, o libro máis prestado da nosa biblioteca. Supera os 200 préstamos.

    ResponderEliminar
  2. Non me estraña que sexa o máis prestado... sen contar que eu che levei todas as existencias! Perdoa! Pero no meu cole xa ves que foi todo un éxito!!!
    E si que dá para reflexionar: imáxinate nun club de lectura!
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Creo que necesito lelo outra vez.
    Lembro que o rematei no medio dunha clase de galego mentras a profesora (que se facía a despistada) non me facía moito caso (coma sempre).
    xD

    ResponderEliminar
  4. Mmmm... Imposible! Carme Ares sen facerche caso? Mañá, que imos de comerota, tirareille das orellas!
    Como é que poñedes vós o sorriso? Así?: xD
    Pois iso: xDxDxDxDxD
    Bicos ghrandes coma mundos!

    ResponderEliminar
  5. Non me lembro ao cen por cen de toda a historia, pero ENCANTARAMEEEEEEEE!!!

    Un bico.

    ResponderEliminar
  6. Referíame a ti
    jaja
    Ti sen facerme caso? Puuff...imposible eeh...

    ResponderEliminar
  7. Xa sei que te referías a min, parviola! Pero bueno, xa te esqueciches da miña retranca???
    E xa sabes que eu SEMPRE che fago caso: é o que ten o cariño.

    ResponderEliminar