18/01/10

O único que queda é o amor


A nosa benquerida colaboradoralectoralumna Thalía Troitiño quere achegarnos a súa opinión sobre unha das súas últimas lecturas. Graza, novamente, Thalía.

Este libro é unha recompilación de varios relatos relacionados todos eles co amor. Breves, claros, entretidos, converten o libro nunha lectura rápida e áxil.
En xeral gustoume moito, pero quédome co primeiro relato polo xeito de desenvolverse, algo que me cativou desde o primeiro parágrafo; os fragmentos que serven de pistas gustáronme moito e fixéronme disfrutar da lectura.
Recomendo este libro de Agustín Fernández Paz, un autor que nunca defrauda.

1 comentario:

  1. Este tedes que lelo que merece a pena e ademais lese rápido. Como xa dixen para min o mellor foi o primeiro relato.

    ResponderEliminar