Este mércores pasado, 3 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO recibiu a agradábel visita de Francisco Castro, quen lles falou -sobre todo- do libro que previamente leran: Chamádeme Simbad. Poucas veces teño visto ao alumnado tan entusiasmado cun escritor (ata lle escribiron cartas ao día seguinte, que lle faremos chegar), facendo tantas preguntas e desexando unha foto ao seu carón. Riron moito coas súas anécdotas (iso de que caia en calquera lugar...) e coa súa amena charla ("non podo ser modelo de perruquería por razóns evidentes")
Francisco falounos da súa querencia especial por Simbad, por ser o representante de todo aquel que quere vivir aventuras. Asegurou que no 90% do que escribe está simbolizado ese anceio de emocións que Simbad, disfrazado baixo calquera outro nome, quere vivir.
Tamén asegurou que é escritor porque é lector, por sentir a necesidade de COMER fantasía, e o seu oficio é realmente un pracer para el.
Descubriunos que o seu libro preferido é Xeración perdida, aínda que non sexa o mellor.
Para presentalo, 5 alumn@s de 2º de ESO representou unha pequena obra teatral que incluía poñerlle un parche de pirata. Foi o noso especial agasallo, que agardamos fose do seu agrado.
Grazas, Francisco, por vires. Grazas, Ernesto, por traérnolo.

Infinitamente agradecido por ter ido, por estas fotos, por esas cartas, que espero cheo de emoción. ¡E que vivan os piratas por sempre!
ResponderEliminarBoto de menos a Ernesto....
ResponderEliminarNon me estraña: é xenial!
ResponderEliminarSe vises a pequena obra que escribín, adicada a el, morrías coa risa. Xa che contarei.
Un bicazo
Moi ben Francisco cos alumnos. Prestouse a todo incluso para que lle puxerades o parche.
ResponderEliminarA obriña moi simpática, quedei impresionado co rapaz do teléfono que memorizou os premio.
Oshi=( tedes que facer unha sentada para que algún prof@ se mova no instituto, e ala me vou cargado de escritores!!! Bicos. Deille recordos para ti no Nadal ó teu compañeiro espadachín.
Ernesto, non te pases de encantador. Mira que non te volvo dedicar unha obra...
ResponderEliminare si, Francisco deixou impresionado ao alumnado. Ata creou lectores!!! Xa queren ler a próxima novela.