19/02/10

Discurso do oso



Fermoso libro de Kalandraka cun texto do noso amado e admirado Julio Cortázar. Un texto único ilustrado deliciosamente por Emilio Urberuaga. A historia encantadora conta como un oso trepa polas tuberías para descubrir a soidade do ser humano, polo que pretenderá facer o mellor para el: acompañalo sen ser visto; é dicir, dotar de "humanidade" ao ser humano.


Unha delicia de libro, extraído de Historia de Cronopios y de Famas, aínda que nun primeiro momento o relato foi composto para uns nenos en 1952. As ilustracións (e cito) seguen o canon cortaziano, un oso vermello para recalcar o carácter onírico da narración.





Discurso do oso atoparalo na exposición que está nestes momentos no centro: "Do galego para o mundo e do mundo para o galego".

3 comentarios:

  1. Pois non sei. Andas dicindo (a Ernesto) que che presto "libros raros"...
    O bo é que este lese en 2 minutos!
    Pasareicho

    ResponderEliminar
  2. Que laretas é este Ernesto...con raros referíame a descoñecidos burricana!
    jijiji

    ResponderEliminar