15/02/10

Goya en galego

Non podía ser doutro xeito: Celda 211 foi a gañadora. Todo un peliculón e un actorazo que agasallou á nosa lingua cun protagonismo que moitos se empeñan no noso país en rexeitar. Compartir o premio con esta beira do Atlántico: ”sei que ides entendelo todos”. Que emoción nos percorreu!



Parabéns, Luís Tosar!

E se aínda non vistes a peli, correde a vela. É impresionante!


2 comentarios:

  1. No IES Ollos Grandes, os ollos brillaron con especial emoción: aqui se iniciou como actor este grande Luís Tosar.
    Bicos contentes

    ResponderEliminar
  2. Desde logo, foi emocionantísimo velo e escoitalo. Se antes algún galego non o quería suficientemente, agora adorámolo.
    Grazas pola túa visita, María. Biquiños

    ResponderEliminar