17/02/10

La Gran Orquesta de los Animales


Fermoso álbum, fermosa historia, fermosas ilustracións. La Gran Orquesta de los Animales escrito por Daniel Monedero e ilustrado por Óscar T. Pérez é todo un achádego, cun vídeo fantástico acompañado dun blogue que paga a pena visitar.
A historia fala dun director de orquestra que alcanza un éxito impredecible grazas a unha marabillosa orquestra formada por animais e as súas voces. Pero estes tamén teñen os seus dereitos e volven, morriñentos, ao seu fogar. Un canto á natureza e ao respecto por ela que todo ser humano debe comprender.
As ilustracións son verdadeiros cadros paxinados, cheos de cor, proporción e efectividade. Correspóndese maxistralmente co texto, con ese equilibrio entre texto e imaxe tan difícil de conseguir na súa complementariedade.
A editorial, Thule.




E como ilustración e animación están próximas, sobre todo en formato de stop-motion, os autores promocionaron o álbum con este vídeo que é en si unha curta animada, desas que tanto nos gustan (xa sabedes que tentamos traervos case todos os días unha):




9 comentarios:

  1. Pois vista a animación coido que paga a pena deixarse amansar polas feras. (Co lobos que nos estamos volvendo, case podíamos participar na orquestra...)

    ResponderEliminar
  2. Fermoso! a verdade é que consigues cada cousa máis chula...

    ResponderEliminar
  3. O libro foi un agasallo especial. Xa ves, querido anónimo, que non teño mérito ningún.
    E si, Chousa, as feras son máis humanas ca nós...

    ResponderEliminar
  4. Que bonito. Lo pediré para la biblioteca.
    Muchas gracias.
    Ah! También me llevo el vídeo, las fotos...

    ResponderEliminar
  5. O que me gustaría é que me levases a min tamén, querida Montse. Iría encantada a esa máis que marabillosa biblioteca vosa.
    Encántame que che gusten os libros... Vós tedes a sorte de ter moito máis ca nós na vosa lingua.
    Biquiños

    ResponderEliminar
  6. Tenemos, pero cada día me cuesta más encontrar algunos libros especiales.

    Este tengo el gusto de encontrarlo en catalán.

    Pero lo que más me gusta es que lo encuentro a través de vuestro blog. Una fuente inagotable donde beber cultura y ética entre muchísimas más cosas.
    Gràcias, Ronsel.

    ResponderEliminar
  7. Tus palabras son bálsamo y bendición. Querida Montse, si algo le debo a este blog, es haber encontrado gente tan especial como tú. Muchas gracias a ti.

    ResponderEliminar
  8. Estimados amigos,

    Queríamos agradecer vuestras amables palabras hacia nuestro libro.

    Un fuerte abrazo de Daniel y Óscar.

    ResponderEliminar
  9. Gracias a vosotros por crear tan maravillosas historias.

    ResponderEliminar